Coa mesma convicción do primeiro día de que a poesía está nos bares, volveremos encher de versos unhas cantas barras para celebrarmos un ano máis, ó noso xeito, o Día Mundial da Poesía.
A calidade e forza da poética de María Do Cebreiro é de sobra coñecida. Unha poeta cunha inxente obra publicada tanto en poesía como en ensaio, tradución e obras colectivas e cunha morea de premios e recoñecementos no seu haber, entre eles o Premio da Crítica de poesía galega á mellor obra poética de 2015 por O deserto (Apiario, 2015).
O compromiso, e a implicación política -no sentido máis amplo da palabra-, amais dunhas letras cargadas de retranca e denuncia, marcan a traxectoria d’O Leo de Matamá (Leo Arremecághona), nestes momentos centrado nun espectáculo homenaxe á canción protesta en Galiza e o colectivo Voces Ceibes, pero sen deixar de banda algúns ‘temazos’ que fixeron d’O Leo i Arremecaghoná un referente do punk galego.
Programa:
María do Cebreiro recitará en cada un dos catro locais do roteiro, despois de que todas e todos gocemos tranquilamente das maridaxes (tapa + bebida) que nos terán preparadas.
– 22:30h. Café Bar As 4 Portiñas [Herdeiro](R/ Emilia P. Bazán, 11)
O Leo de Matamá. Concerto do polifacético e archicoñecido músico punk (e poeta!), sempre sorprendente, provocador e gherrilleiro!
Información:
Tanto o acceso aos locais para escoitar a poeta como a entrada ao concerto final son abertos a todo o público e de balde.
O prezo de cada maridaxe nos locais do roteiro é de 3 €, e gozar delas é a mellor maneira na que o público pode colaborar voluntariamente co Ponme un Poema! e, sobre todo, coas amigas e amigos dos locais que nos apoian.
O prezo de cada maridaxe nos locais do roteiro é de 3 €, e gozar delas é a mellor maneira na que o público pode colaborar voluntariamente co Ponme un Poema! e, sobre todo, coas amigas e amigos dos locais que nos apoian.