fbpx

Torre Lombarda Allariz. Escapadas Ponte San Xosé

Compárteo!

O Hotel – Casa Rural Torre Lombarda de Allariz ofrece estas dúas escapadas para visitar e gozar de Allariz e o seu fermoso entorno, aproveitando a ponte de San Xosé e o Día do Pai.
Seguindo a filosofía Slow travel, propoñémosvos desfrutar da nosa marabillosa vila, coñecida por ser unha das máis belas de Galicia e de España, chea de arte, cun inmellorable entorno e paisaxe, enmarcado na Reserva da Biosfera, e sempre cunha gran oferta cultural para todos os públicos.

Escapada Románica
¤ Luns 18: 1 noite de hotel e Ruta polo Románico de Allariz: 60€ (2 persoas)

Escapada Arqueolóxica
¤ Martes 19: 1 noite de hotel e Roteiro Arqueolóxico  Sta. Mariña e Castro de Armea: 60€ (2 persoas)

(*) Ambas rutas son xestionadas e guiadas por Xeitura: xestión integral do Patrimonio Cultural.
Para ver e descargar a información detallada sobre as rutas clicade nas ligazóns:
¤ Ruta polo Románico de Allariz
¤ Roteiro Arqueolóxico Sta. Mariña e Castro de Armea

+ Información sobre a campaña DÁLLE ao PAI en Allariz, durante a ponte de San Xosé, con actividades culturais, sorteos e premios:
www.oqueho.gal/dalle-ao-pai

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close