fbpx

Sorteo Aira Editorial. 2 lotes de 7 libros

Compárteo!

Aira Editorial sortea 2 lotes dos seus 7 títulos editados entre todas as persoas que publiquedes no Facebook (modo público) unha foto, feita no voso recanto favorito, dun dos nosos libros mercado nunha libraría.

Sorteo 1️⃣ Entre as persoas que mercasen un dos nosos libros nas librarías Aira das Letras, Punto e Coma (Ourense) ou Punto e Coma (Carballo, A coruña).
– A persoa (comprador/a) gañadora leva 1 lote dos nosos 7 títulos.

Sorteo 2️⃣ Entre as persoas que mercasen un dos nosos libros en calquera libraría (agás as do Sorteo #1).
– A persoa (comprador/a) gañadora leva 1 lote dos nosos 7 títulos.
– A libraría onde foi mercado leva unha ilustración orixinal de Miguel Robledo que será utilizada, ademais, para imprimir 1.000 Marcapáxinas.

ℹ️ CONDICIÓNS DO SORTEO
– As fotos deben reflectir un espazo, como un local, paisaxe, vila, casa… (non fotos do libro).
– A publicación debe incluír a etiquetaxe AiraEditorial e, ademais, a da libraría onde se mercou (ou polo menos indicar claramente cal é).
– O sorteo realizarase na semana do 10 de xuño, e o resultado será anunciado no noso Facebook e directamente ás persoas gañadoras.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close