fbpx

Semana Santa en Allariz. O mellor destino!

Compárteo!

Pódese dicir que Allariz é -sen medo a equivocarse nin a caer no tópico- unha das vilas máis fermosas, coñecidas e visitadas de Galicia.
Pero o que fai desta vila un destino tan especial, tanto para o turismo de interior (da propia Galicia) como do resto da península -e aínda máis aló-, é algo máis ca a beleza das dúas rúas e arquitectura, do río Arnoia que a rodea ou da paisaxe da contorna onde se sitúa, declarada Reserva da Biosfera.

Semana Santa ao Vivo

Semana Santa ao Vivo en Allariz

Esta Semana Santa, Allariz é o teu destino, sen ningunha dúbida, se o que buscas é un lugar que ofreza beleza, historia, tranquilidade, paisaxe, museos, visitas guiadas, música ao vivo nas rúas do seu casco histórico, exposicións, feiras de artesanía ou produtos ecolóxicos, actividades infantís, arte…

Ademais de todo iso, Allariz está rodeada de moitos outros lugares ben interesantes que podes visitar en curtos desprazamentos no teu vehículo, como a cidade de Ourense, o Canón do Sil (Ribeira Sacra), Ribadavia, Santa Mariña de Augas Santas, Celanova, Bande, Monterrei, Baños de Molgas…

Allariz é dende hai moito tempo unha vila cunha actividade cultural tan impresionante como inusual, sobre todo se a comparamos con outras vilas dunha poboación semellante ou incluso con algunhas moito máis grandes e poboadas.

Concello de Allariz, fundacións como a Vicente Risco ou a Ramón Glez. Ferreiro, o coworking BenComún Espazo, as librarías Aira das Letras, Punto e Coma e Maruxairas, Fina Rei Reposteiros, Xeitura ou locais como o Roi Xordo e o Arnoia Costas ou A Corte dos Bois (a 10 min. en coche), coas súas programacións de concertos, son verdadeiros xeradores de cultura, incesantes creadores dunha axenda cultural que sorprende cando vemos no seu conxunto a cantidade e variedade de actividades que son quen de organizar ao longo de todo o ano.

Aquí abaixo tes unha pequena mostra das moitas actividades en Allariz e contorna nas datas de Samana Santa.
Lembra que podes consultar na nosa páxina de inicio, en calquera momento, toda a axenda cultural de Allariz e provincia de Ourense (cada día poden engadirse novos eventos!)

  • Non se atoparon Eventos

  • Non se atoparon Eventos

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close