Campamento de 7 días de duración que ten como obxectivo que os rapaces e rapazas valoren o mundo rural, contactando coa natureza, a través de xogos, música, actividades de lecer, deporte, excursións, mindfulness, obradoiros, etc.
Estas xornadas de convivencia, que terán lugar no albergue da Fundación Ramón González Ferreiro, créanse con ilusión , experiencia e co traballo acumulado na educación non formal ao longo de moitos anos. A nosa é unha proposta alternativa, educativa e lúdica que transcorre no entorno rural e natural de Paciños, na vila de Allariz e Xunqueira de Ambía.
A programación escollida fomenta valores como o respecto e o compañeirismo, a igualdade, a solidariedade, a concienciación ambiental e o coñecemento da vida no rural. Pretendemos que os/as participantes aprendan a convivir, fagan novas amizades e coñezan distintos lugares, espertando o seu espírito aventureiro e unha maior autonomía persoal, aumentando as súas experiencias individuais e como membros dun grupo.
Dirixido a nenas e nenos entre 9 e 16 anos repartidos en quendas diferentes.
QUENDAS VERÁN 2020:
1ª QUENDA: Do 5 ao 11 Xullo (ano de nacemento 2008-2009-2010-2011) dende os 9 aos 12 anos- 2ª QUENDA: Do 12 ao 18 Xullo (ano de nacemento 2007-2008-2009-2010-2011) dende os 9 aos 13 anos
- 3ª QUENDA: Do 19 ao 25 Xullo (ano de nacemento 2004-2005-2006-2007) dende os 13 aos 16 anos)
Hora de Chegada 1º Día: 11:00h reparto de habitacións e acto de presentación a continuación.
Hora de Saída 7º Día: 12:00h con acto de clausura coas familias.
PREZO: 245€ (desconto de 15€ para cada un/unha dos/das irmáns/irmás que asistan ao campamento).
Inscricións e información:
http://fundacionrgf.org/2020/03/02/ruralcamp_2020/
info@fundacionrgf.org
988 436 182