Namórate de Allariz

Namórate de Allariz!
Achégase o 14 de febreiro, o Día d@s Namorad@s ou San Valentín. Hospedaxes, restaurantes e comercios de Allariz, agrupados no colectivo de Amig@s de BenComún, deseñaron, co gallo desta data tan sinalada, esta atractiva e romántica campaña para que vos namoredes nesta e desta fermosa vila #namoratedeallariz
Se visitades Allariz do 14 ao 24 de febreiro (ambos os dous incluídos), atoparedes polo casco histórico da vila 24 localización cuns CORAZÓNS cos que poderedes fotografarvos, e tamén uns marcos ‘Namórate de Allariz’ a modo de photocall no interior dalgúns comercios, hospedaxes e restaurantes.
Contámosvos como poderedes gañar un destes 8 premios:
Sorteo #1: 4 premios de 1 noite de hotel + cea para 2 persoas.
Sorteo #2: 5 premios de 1 cea para 2 persoas.
Por certo… fixástesvos no fermoso cartel da campaña, obra do ilustrador ourensán Miguel Robledo? Dan ganas de poñer rumbo a Allariz, non si?!
Os sorteos realizaranse na semana seguinte ao remate da campaña. Informarase do resultado dos mesmos a través da páxina web da Campaña en oqueho. gal e a súa páxina de Facebook, así como nas RRSS dos negocios participantes, e comunicarase directamente ás persoas agraciadas.
Os premios deberanse desfrutar antes do 31 de maio de 2019, excluíndo as seguintes datas:
– Ponte de San Xosé: do 15 ao 19 de marzo (ambos incl.)
– Semana Santa: do 12 ao 21 de abril (ambos incl.)
– Ponte do 1 de maio: do 30 de abril ao 5 de maio (ambos incl.)
Participan
Fina Rei Galería Circular Cattk Construción Hostal Alarico Yolanda Ferreiro Conde Carballo Sabrafén Luthier Xeitura Fío de Liño Alma Xoaniña Sira Aira das Letras Maruxairas Aira Editorial Fundación Vicente Risco Arume By Trapiños Trap.Kom Trapiños Plus O Avó O Pepiño . A Pepiña Roi Xordo Bazar Adolfo Arnoia Costas ImpresiónArte Punto e Coma GDR-Avinza Pousada Torre Lombarda Gusi Domarco Pontelouca BenComún Espazo SneakersNº2 Fundación Ramón González Ferreiro A Despensa do Alarico Concello de Allariz Anxiños O Portelo Rural Pallabarro Petiscos
Unha noite inolvidable en restaurante Pallabarro.#namoratedeallariz
Muy guapo todo el pueblo
Precioso dia de San Valentin ,disfrutando de la belleza del pueblo #namoratedeallariz.
Vivimos nunha vila que enamora!!