fbpx

XXII Andaina de Allariz

Compárteo!

Máis

9 Xuño, 2019 09:00

Allariz. Varios espazos.

Allariz, Ourense

Organizado Por

Concello de Allariz

  • Localidade

    Allariz

A Andaina de Allariz cumpre 22 anos. O domingo 9 de xuño terá lugar unha nova edición cun novo percorrido.

Co obxectivo de facilitar a participación daquelas persoas que habitualmente traballan os sábados, o ano pasado a área de deportes de Allariz tomou a decisión de cambiar a data de celebración e reducir o itinerario para favorecer que o percorrido poda cambiarse e coñecer e gozar doutros espazos da Reserva da Biosfera.

Co formato renovado dende a pasada edición a XXII Andaina constará dunha ruta longa de 22km e outra curta de 8km pensada para os máis mozos ou familias con nenos e nenas. O novo circuíto percorrerá, seguindo o curso do Arnoia, paraxes singulares como o Briñal, Covas do Río, Rubillós ou Pousada pasando por puntos de interese como o Muíño de Escadas, Ponte Hermida o Canal da Ruca ou o Festival de Xardíns de Allariz, entre outros.

O prazo de inscrición estará aberto entre o 27 de maio e o 7 de xuño. Cun prezo de 10€ (gratuíta para as persoas menores de 14 anos acompañadas dunha persoa adulta) que inclúe dorsal e camiseta, ademais de servizos de avituallamento, comida, masaxistas e duchas para o final da etapa.

Toda a información en www.allariz.gal/andaina

Descargar o Boletín de Inscrición

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close