fbpx

Xornadas sobre os Oficios do Coiro en Allariz

Compárteo!

Comeza en 11 Días, 18 Horas

3 Maio, 2019 a 5 Maio, 2019 10:00 - 21:00

Máis Datas

  • 3 Maio, 2019
  • 4 Maio, 2019
  • 5 Maio, 2019

Museo do Coiro de Allariz

Rúa da Granxa, 3 Allariz Ourense

Xornadas sobre os oficios do coiro que un ano máis se celebran en Allariz, do 3 ao 5 de maio, con obradoiros sobre especialidades relacionadas con esta actividade, mestura de oficio e arte.

  • En cada obradoiro especifícanse as ferramentas necesarias para o seu desenvolvemento; cada participante debe traer as súas.
  • Os materiais van incluídos no prezo do taller.
  • Para máis información e inscricións podedes poñervos en contacto coa organización a través do correo-e: jornadasdelcueroallariz@gmail.com

Obradoiros ofertados nestas xornadas:

– “SANDALIAS CON PISO ERGONÓMICO”

Aprenderanse os pasos básicos para facer unhas sandalias partindo de tres modelos guía. Realizarase o patrón axustando as sandalias ás medidas do noso propio pé. O patrón servirá de axuda tanto para a montaxe como para a produción das sandalias.

– IMPARTE: Eva Costas( Nigrán, Pontevedra) e Ernesto Sánchez (Allariz, Ourense)
– DURACIÓN: 10 horas
– Nº DE PARTICIPANTES: 6 máx.
– HORARIO: de 10:00h a 14:00h e de 16:00h a 20:00h do sábado e de 10:00h a 14:00h.
– FERRAMENTAS NECESARIAS: Cinta métrica, lapis, bolígrafo, cutter, tesoira, ruleta, compás, sacabocados, leznas e agullas.

– “TRENZADO EN PLANO E CILÍNDRICO DE PULSEIRAS”

Realizaremos unha pulseira con trenzado redondo de oito tiras e remate en botón e outra pulseira con trenza plana de lombo de yacaré de oito tiras e remate en botón.

– IMPARTE: José Bertolo (Vigo)
– DURACIÓN: 4 horas
– Nº DE PARTICIPANTES: 8 máx.
– HORARIO: de 10:00h a 14:00h do sábado.
– FERRAMENTAS NECESARIAS: Pregadeira, bruñidor, coitela, lezna ou fid, alicate e pinza ou sarxento.

– “CHAVEIRO CON RETECIDO”
Realizaremos un chaveiro de trenza redonda de catro tiras cun remate en bóla de botón de orelo cun aumento e retecido.
– IMPARTE: José Bertolo
– DURACIÓN: 4 horas
– Nº DE PARTICIPANTES: 8 máx.
– HORARIO: de 16:00h a 20:00h do sábado
– FERRAMENTAS NECESARIAS: Pregadeira, bruñidor, coitela, lezna ou fid, alicate e pinza ou sarxento.

Para participar neste taller é necesario ter coñecementos previos e fluidez no manexo de ferramentas.

– “APROXIMACIÓN AO LABRADO FLORAL E ESTAMPADO”

Realizaremos unha peza que nos axudará a coñecer a maneira de aplicar estas dúas técnicas a partir dun deseño dado.

– IMPARTE: José Mallo (Muros, A Coruña)
– DURACIÓN: 4 horas
– Nº DE PARTICIPANTES: 10 máx.
– HORARIO: de 10:00h a 14:00h horas do sábado.
– FERRAMENTAS NECESARIAS: A organización facilitará a ferramenta para este taller.

– “EXERCICIO PRÁCTICO DE MODELADO UTILIZANDO A AREA COMO VEHÍCULO MODELADOR” (Obradoiro completo!)

A partir dunha peza “semifacturada” construirase unha peza coa que coñeceremos a aplicación da técnica do modelado con area e os seus trucos, ademais de aclararmos as dúbidas frecuentes sobre esta técnica.

– IMPARTE: Ernesto Sánchez (Allariz, Ourense)
– DURACIÓN: 4 horas
– Nº DE PARTICIPANTES: 10 máx.
– HORARIO: de 16:00h a 20:00h horas do sábado.
– FERRAMENTAS NECESARIAS: Ferramentas para costura (agullas, dedal, pinzas, bruñidor, alicates…), coitela, pregadeiras e paus de 2-2,5 cm de diámetro e punta aguda – punta roma.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close