fbpx

Xornadas “NÓS e o Turismo Cultural” en Allariz

Compárteo!

29 Maio, 2021 10:30 - 19:30

Fundación Vicente Risco

Organizado Por

Fundación Vicente Risco

NÓS E O TURISMO CULTURALA cultura é un ben fundamental en todas as sociedades. No noso país existen, felizmente, moitos actores que a promoven desde distintos niveis e enfoques. O Consello da Cultura Galega e a Fundación Vicente Risco son dúas institucións que teñen como fin a promoción da nosa cultura e como ferramenta o esforzo común e a unión para facelo posíbel.

A cultura é un dos elementos indispensábeis para a supervivencia como pobo e tamén un axente xerador de riqueza; por iso cremos necesario reflexionar sobre a importancia da cultura como atractivo dunha forma de turismo sostíbel, responsábel, de calidade.

A xornada “Nós e o turismo cultural” pretende ser un punto de encontro entre o sector turístico e o sector cultural, na procura de sinerxías que cristalicen en propostas nutricias que sexan fonte de vida, en verdadeiras novas experiencias a partir dunha das mellores materias primas das que dispomos, a cultura.

Deixou dito Vicente Risco que “todo depende das particulares apetencias de cada forasteiro. Pero hai algo en que todos os homes coinciden, que é no gozo dos sentidos; por eles chéganos dentro o mundo”. Ideemos, pois, novas formas de ofrecer que o mundo que é Galiza chegue dentro da xente que nos visita a través do gozo de todos os sentidos

As sesións serán gravadas e estarán dispoñibles na mediateca do Consello da Cultura Galega para a súa consulta futura.
www.consellodacultura.gal
difusion@consellodacultura.gal
Consulta os materiais en http://consellodacultura.gal

A inscrición é gratuíta.
O número de prazas é limitado (20 persoas).
As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.
As persoas asistentes deberán cumprir todas as normativas anticovid indicadas polos responsables do espazo.

PROGRAMA

Sesión da mañá

10:30 horas
Presentación da xornada
– Cristina Cid, alcaldesa de Allariz
– Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega
– Celia Pereira Porto, presidenta da FVR e membro da Sección de Pensamento do CCG

11:00 horas
Diálogo sobre o papel das institucións como axentes de dinamización cultural
– Rosario Álvarez, presidenta do CCG
– Celia Pereira Porto, presidenta da FVR e membro da Sección de Pensamento do CCG

11:30 horas
Museos galegos e turismo sustentábel
– Rafael Quintía, antropólogo e socio de Aborigine Antropoloxía Produción e Xestión Cultural

Diálogo entre museos
Acolle: Elvira Carregado, tesoureira da FVR
– Antonio Piñeiro, secretario da Fundación Curros Enríquez – Casa dos Poetas, Celanova
– César LLana, director do Museo Etnolóxico de Ribadavia
– Juan Antonio Seara, responsábel dos Museos de Allariz

13:00 horas
Debate

13:15 horas
Fin da sesión da mañáSesión da tarde

16:30 horas
Entre a terra e as nubes: percorridos culturais no noso universo literario
Acolle: Antonio Blanco, vicepresidente da FVR
Dialogan:
– Carlos Rodríguez Pérez, asesor de formación do profesorado no CAFI
– Manuel Gago, divulgador cultural e director do portal culturagalegal.gal

17:30 horas
Debates

17:45 horas
Iniciativas empresariais a partir do turismo cultural. Tres exemplos
Acolle: Xosé Rodríguez Díaz, secretario da FVR
– Compostela Campers, axencia de viaxes. Elías Rozas Álvarez, director xeral de Compostela Campers
– Algueira. Enoturismo e máis na Ribeira Sacra. Fabio González Pérez, copropietario de Adega Algueria
– Arca da Noe. Noemí Vázquez, propietaria da Arca

18:45 horas
Diálogo

19:00 horas
Despedida da xornada
Rosario Álvarez, presidenta do CCG
Celia Pereira Porto, presidenta da FVR

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close