fbpx

XIV Festa da Pandeira en Piornedo

Compárteo!

24 Agosto, 2019 10:00

Piornedo

Piornedo

  • Localidade

    Piornedo

XIV Festa da Pandeira en Piornedo ProgramaComo cada ano, o penúltimo sábado de agosto é úa data marcada no calendario, na que Piornedo (Donís, Cervantes) se transforma en capital das músicas da montaña. O protagonismo é prás mulleres que conservaron letras ancestrales iun xeito de interpretalas á pandeira que asombra a leigos e entendidos.

Este 24 de agosto haberá novidades. A primeira sesión da tarde reunirá as tocadoras veteranas nun coloquio con inerpretaciois. A segunda parte reunirá os músicos e bailaríns que colaboran habitualmente nesta festa, preparando o ambiente prá parte final, na que participan os novos grupos. Manteremos os obradoiros á mañá (pandeira e baile) ios pinchos ia polavila á noite, pre que poidades improvisar agusto. A festa está servida!

Na decimocuarta edición homenaxeamos a María de Alonsico, de Suárbol (Candín). Como mutias mulleres da montaña, María adeprendeu os toques de pandeira cuando era rapaza, mais o matrimonio ia emigración fizeron que deixase de tocar. Inda hoi recorda as cántigas da mocidá, que ten interpretado numerosas veces na Festa da Pandeira, na que vén participando desde 2011.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close