fbpx

XI Festa da Palabra na Ínsua dos Poetas, O Carballiño

Compárteo!

20 Xullo, 2019 12:00

O Carballiño

  • Localidade

    A Esgueva (Madarnás, O Carballiño)

XI FESTA DA PALABRAXI Festa da Palabra na Ínsua dos Poetas n’O Carballiño, adicada ó poeta Antón Tovar Bobillo

O poeta ourensán Antón Tovar Bobillo, nacido en Pereira (Rairíz de Veiga) no ano 1921 e falecido en Ourense en xuño do ano 2014, será a figura homenaxeada na XI Festa da Palabra, que se celebrará o sábado 20 de xullo, ás 12,00 h., na Ínsua dos Poetas, na Esgueva ( Madarnás, O Carballiño).

Os Premios Insua dos Poetas, nas súas sete modalidades; Literatura, Artes Plásticas, Medio Ambiente, Acción Social, Emigración, Compromiso Empresarial e Fomento da Lingua Galega nos Medios de Comunicación serán fallados o venres 19 de xullo polo Padroado da Fundación *Ínsua dos Poetas.
O galardón será, como en edicións anteriores, unha peza escultórica orixinal de Acisclo Manzano. O acto contará coa actuación musical de 2 naFronteira, formación integrada por Carmen Penín (Voz) e Maurizio Polsinelli (piano), e a colaboración do contrabajista Javier Rabanal.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close