fbpx

XANTAR Feira Internacional de Turismo Gastronómico 2019 en Ourense

Compárteo!

6 Febreiro, 2019 Todo o día

Expourense

Barrio Farixa Sup, 2B, 32005 Ourense

  • Localidade

    Ourense

Showcooking Ourense Xantar 2019

Showcooking Xantar 2019

Xantar é a única feira internacional de Turismo Gastronómico recollida no calendario oficial de “Feiras Comerciais Internacionais” españolas.

Cunha traxectoria de 19 anos poñendo en valor os produtos agroalimentarios de calidade, a elaboración e o servizo profesional, converteuse nun referente para os destinos enogastronómicos máis punteiros, tanto de España como de Portugal. Esta diferenciación atrae ademais a outros participantes internacionais, fundamentalmente desde Iberoamérica.

Esta liña de internacionalización permitiu crear redes de cooperación en materia de Gastronomía e Turismo Sustentable e Saudable.

Este salón ofrece unha vinculación de carácter experimental entre o expositor e o visitante a través de diversas accións que fusionan a tradición e innovación propia dos territorios presentes en Xantar en forma de exhibicións, catas temáticas, cociña en directo e moitas máis iniciativas que suceden durante cinco días de intensa actividade.

No marco de Galicia, supón ademais o inicio das 300 festas gastronómicas desta comunidade, algunhas delas de gran interese turístico.

Aquí podedes descargar o Dossier que teñen colgado na súa web

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close