fbpx

Willie & Winnie. Concerto no Roi Xordo

Compárteo!

Máis

Comeza en 14 Horas, 42 Minutos

19 Abril, 2019 23:55

Roi Xordo

Praza dos Mesons, 3 Allariz

  • Localidade

    Allariz

Willie & Winnie é máis que música. Aliméntanse do cinema, da pintura, da literatura, comezando polo nome, xa que Willie e Winnie son os personaxes de ‘Os días felices’, obra de Samuel Beckett.
Este novo nome –antes chamábanse Kozmic Blues– define mellor o carácter e a actitude deste dúo.

Elise Denise (voz) e Andy Bill (guitarra e voz) son de Ferrol, pero viven en Santiago de Compostela. Con dous discos autoeditados debaixo do brazo: Premonition (2015) e Dream for winter (2016) -o segundo grazas unha exitosa campaña de crowdfunding-, levan a cabo unha particular mestura de varios estilos como o jazz, o rock, o folk norteamericano e o blues –aínda que insisten en aclarar que non se pechan en ningún deses estilos, senón que buscan un son propio, auténtico e puro.

Na actualidade confírmannos que xa teñen composto o seu terceiro disco, o primeiro como Willie & Winnie. Polo momento continúan de xira co seu último traballo, co que xa puxeron o pé nas salas máis importantes de Galicia: a Sala Mardi Gras e o Jazz Filloa (A Coruña), Sala Sónar (Santiago de Compostela), a Sala Super 8 e o Teatro Jofre (Ferrol), Sala Baranda (O Barco de Valdeorras), a Sala Son (Cangas), etc.

Tamén estiveron en León, Xixón, Madrid, Barcelona e Portugal. Pasaron tamén polo seu primeiro festival, debutando no festival Setembro, o 22 de setembro na súa cidade natal. O festival que a pasada edición subía ao seu escenario a Nacho Veigas, abriu as súas portas para Willie & Winnie, xa que non se trata dun dúo convencional, compartindo cartel cos Punsetes, Morgan e Ezetaerre.

Recentemente estiveron acompañando a Ben Salter (considerada unha das mellores voces de Australia) na recta final da súa xira europea International Madness.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close