fbpx

Vivindo a Utopía. Exposición de fotografías sobre a Revolución de 1936-1939

Compárteo!

20 Xullo, 2019 20:00

CSA Cambalhota

Camiño Socastelo, 10 Allariz

Organizado Por

CNT Allariz

  • Localidade

    Allariz

Vivindo a utopíaO vindeiro sábado 20 de xullo ás 20:00h. inauguramos a exposición de fotografía “Vivindo a Utopía”. Trátase da exposición centrada na Revolución levada a cabo nas zonas onde non triunfou o fascismo durante a Guerra Civil, e repasa tamén os antecedentes e o exilio. Consta de 5 lonas con soporte máis outra lona de presentación da exposición, todas elas dun tamaño de 1,80 x 0,80 m. Complétase con 75 paneis tamaño A3, cada un cunha fotografía, título, que o relaciona con cada un dos paneis, e lenda. Todas elas saídas dunha nova selección dos fondos da FAL do período 1936-39 que repasan diversos aspectos relacionados coa resistencia ao fascismo, a guerra, as colectividades agrícolas e industriais, hospitais, colonias infantís, cultura, etc.

Ademais contaremos ese mesmo día coa presenza de Carmen Blanco e Claudio Rodríguez Fer que ofrecerán un relatorio sobre “Mulleres libertarias, casas- refuxio e redes de resistencia antifascista”.

Xustificación historiográfica

O 17-18 de Xullo, parte do Exército español sublévase contra o Goberno da II República e contra o pobo español que, armado dun gran valor e determinación, detén a insurrección en amplas zonas do territorio peninsular.

Nesta exposición non só imos falar dos miles de mortos, desaparecidos, represaliados e desprazados que supuxo este golpe de estado errado que acabou converténdose nunha Guerra Civil de case tres anos; máis ben queremos transmitir a outra cara da Guerra, é dicir, a Revolución Social que acompañou en todo o territorio baixo o control da República a loita contra os rebeldes. Ante o titubeo das autoridades republicanas e a fuxida de patróns e propietarios, os traballadores lanzáronse á rúa para defender a vida e puxeron en marcha unha economía necesaria para manter a máis da metade da poboación española e o inxente esforzo bélico.

Non só vas descubrir historia; estes paneis, carteis e fotos son reflexo dunha Idea e un Sentimento. Vivindo a Utopía: Historia sentimental pasada, presente e futura.

Na CNT pensamos que non só debemos lembrar a morte e o sufrimento que supuxeron a Guerra Civil, senón tamén, e sobre todo, mostrar ás novas xeracións como se organizaron os seus avós e avoas, de que modo levantaron a maior rede autoxestionaria que coñeceu a historia da Humanidade (sindicatos, ateneos, escolas, cooperativas, colectividades…).

Non se pode entender o levantamento de parte do Exército, a Igrexa, os terratenentes e a burguesía contra a maioría da poboación española sen coñecer o que supoñía para o porvir do status quo a revolución social, política e económica que esta auto-organización obreira e popular propiciaba.

Esperámosvos.

Saúde!

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close