fbpx

Vive o Camiño. Allariz

Compárteo!

22 Novembro, 2019 16:30 - 20:30

Allariz

Allariz, Ourense

  • Localidade

    Allariz

Vive o Camiño. AllarizO programa do Xacobeo 2021 Vive o Camiño 2019, que promove a Vía da Prata, leva ata Allariz, este venres, un evento de cociña en directo da man de Gerson Iglesias e Pedro Pérez do grupo Cociña Ourense. A actividade, que require inscrición previa e é gratuíta, permitirá degustar unha selección de produtos locais ao público asistente.

Allariz acollerá ademais actividades de natureza e obradoiros que se ofertarán tamén o sábado en Dozón e o domingo en Xunqueira de Ambía.

Lacón con grelos, canelón style, castañas guisadas á Dama Alaricana e torta de queixo O Rexo, mel e amendoado formarán parte do menú que elaborará Gerson Iglesias o venres a partir das 19.30 horas no Mercado da Reserva de Allariz. Antes, ás 16.30 horas comezará un paseo de dúas horas de duración pola contorna do río Arnoia en Allariz, onde un guía e un ambientólogo explicarán as peculiaridades da dese tramo do Camiño Mozárabe. A actividade ten como obxectivo que os veciños do concello experimenten o que ven, senten e gozan os peregrinos cando percorren Allariz.

Despois, ás 18.30 horas “Memorias de Prata” ofrecerá a oportunidade de afondar na riqueza do patrimonio da zona a todas as persoas interesadas. E ás 19.30 horas, o obradoiro infantil “Xogando coa natureza”.

Vive o Camiño

Vive o Camiño é unha iniciativa, do Xacobeo e a Consellería de Cultura e Turismo, que descobre a través da natureza, gastronomía e o patrimonio as singularidades de cada un dos concellos. Vive o Camiño xoga un papel relevante na promoción da Vía da Prata de cara ao Xacobeo 2021 con especial incidencia nos peregrinos e nas propias poboacións locais para afianzar a percepción desta ruta coma un motor con potencialidades para impulsar a economía local e promover as singularidades culturais, patrimoniais e naturais de cada zona. Facer sentir e comprender o que supón o Camiño de Santiago no século XXI.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close