fbpx

Visita Teatralizada ó Castelo de Monterrei

Compárteo!

Comeza en 1 Día, 23 Horas

20 Xullo, 2019 17:30

Xeitura / Xestión Integral do Patrimonio Cultural

Organizado Por

Xeitura / Xestión Integral do Patrimonio Cultural

  • Localidade

    Monterrei

Visita Teatralizada Castelo de Monterrei con XeituraAno 1663. Corren tempos difíciles na Acrópole de Monterrei por mor das disputas entre a Coroa de Castela e a de Portugal. Frei Xesismundo chega á vila para facer unha “sospeitosa” parada no Camiño de volta da súa visita á tumba do apóstolo Santiago.

Acompáñao na súa misión ocultándoo da garda e axudándoo a atopar a doncela do Castelo, filla de pais conversos xudeus, con quen poderedes descifrar unha carta escrita en hebreo que oculta a verdadeira misión pola que o noso peregrino chega a Monterrei.

E lembra: se nalgún momento te cruzas co Doutor Peste… fuxe!

Día 20 de xullo en 2 pases:
17:30h (visita familiar)
20:00h (visita nocturna)

Punto de encontro:  diante da Oficina de Turismo de Monterrei.

Reserva de praza por orde de inscrición por estes medios:
Teléfono: 609 474 976 / correo-e turismo@xeitura.com

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close