fbpx

Visita teatralizada ó Castelo de Monterrei

Compárteo!

14 Agosto, 2019 17:30

Castelo de Monterrei

Organizado Por

Xeitura / Xestión Integral do Patrimonio Cultural

  • Localidade

    Monterrei

Visita teatralizada ó Castelo de MonterreiAno 1663. Corren tempos difíciles na Acrópole de Monterrei por mor das disputas entre a Coroa de Castela e a de Portugal. Frei Xesismundo chega á vila para facer unha “sospeitosa” parada no Camiño de volta da súa visita á tumba do apóstolo Santiago.

Acompáñao na súa misión ocultándoo da garda e axudándoo a atopar a doncela do Castelo, filla de pais conversos xudeus, con quen poderedes descifrar unha carta escrita en hebreo que oculta a verdadeira misión pola que o noso peregrino chega a Monterrei.

E lembra: se nalgún momento te cruzas co Doutor Peste… fuxe!

Visita teatralizada en galego.

Día 14 de agosto en 2 pases:
17:30h (visita familiar) COMPLETO
20:00h (visita nocturna)

Reserva de praza por orde de inscrición por estes medios:
Teléfono: 609 474 976 / correo-e turismo@xeitura.com

 

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close