Máis
24 Outubro, 2020 10:00 - 19:00
Sandiás
Sandiás
Organizado Por
Xeitura / Xestión Integral do Patrimonio Cultural
Localidade
Sandiás
ADIADO!
Pola mañá realizarase unha visita ao Románico Da Limia: son moitas as pequenas parroquias rurais que conservan, en maior ou menor medida, restos das súas primitivas construccións románicas caracterizadas pola súa sinxeleza arquitectónica pero con grande riqueza escultórica.
O xantar será libre, e pola tarde visitaremos a Igrexa de Santo Estevo de Sandiás, un dos exemplos relixiosos máis curiosos da comarca, nun estilo menos habitual na contorna. Descubre con nós o seu espectacular retábulo, obra do gran Francisco de Moure, e toda a súa historia.
Xornada do sábado, 24/10/2020
- Punto de encontro: Oficina de Xeitura, en C/Emilia Pardo Bazán, Allariz (Estación de Autobuses).
- Ver punto exacto en el mapa: abrir en Google Maps.
- Hora de inicio: 10.00 horas.
- Hora fin: 19.00 horas (aprox.)
- Traslados en coches particulares.
Prezo da actividade do sábado:
- Adultos e menores desde 13 anos: 9€/pax.
- Menores até 12 anos: de balde.
+ INFO: https://www.celtiatravel.com/evento/fin-de-semana-en-allariz/
Recomendacións
- Levar roupa e calzado cómodos, adecuados para a realización da actividade.
- Lanterna para a visita do domingo.
Estas actividades están patrocinadas por Espazo BenComún e Amigas do BenComún de Allariz.