fbpx

VIII Ponme un Poema! – Allariz

Compárteo!

5 Xuño, 2021 20:00

Festival Internacional de Xardíns de Allariz

Paseo Portovell, Allariz

Organizado Por

Fundación Vicente Risco

VIII PONME UN POEMA 2021
Volve o Ponme un Poema!, o evento poético ‘maridado’ de Allariz!

Este ano celebrámolo no recinto do Festival Internacional de Xardíns de Allariz [como chegar?], dedicado este ano á poesía.
Haberá cadeiras e mesas, a modo dunha gran terraza, con servizo de barra de bar, para poder gozar da poesía e da música degustando as maridaxes ofrecidas por Fío de Liño ou simplemente tomándolle algo.

PREGAMOS RESERVA ANTICIPADA [preme aquí para ir ó formulario de reserva na web do evento] para priorizar mesas e cadeiras e facilitarlle a previsión de maridaxes (tapa + bebida) a Fío de Liño.

 

Celso Fernández Sanmartín. Foto de Breogán Martínez

Foto: Breogán Martínez


Comezaremos ás 20:00h
coa palabra poética de Celso Fernández Sanmartín, poeta e coñecido narrador oral, que nos trae poemas do seu libro Libro para a casa dos avós de Noelia de Alperiz, «un libro que ama o abandono dunha casa que me foi presentada para ser anovada desde fóra e por dentro», segundo o propio poeta; un libro que naceu co obxectivo altruísta de axudar á reconstrución da casa dos avós dunha amiga.

 

Alba e Queco web. Foto: Eutropio Rodríguez

foto: Eutropio Rodríguez

 

 

Continuaremos cun concerto – espectáculo moi especial a cargo de Tinta imaxinaria, o dúo formado pola coñecida regueifeira e poeta Alba María e o guitarrista Queco Díaz.
Un espectáculo que combina dun xeito sorprendente e orixinal como poucos a música, a poesía e a palabra improvisada a partir de libros abertos ó azar, palabras que o público pode propoñer ou estímulos do contexto inmediato. Un espectáculo abraiante e único, literalmente!

 

ORGANIZA: Fundación Vicente Risco.
COLABORAN / PATROCINAN: Concello de Allariz , Libraría Aira das Letras, Fío de Liño, A Despensa do Alarico, Vinoteca A Micalla, Bule Bule, Farruco A Fábrica.

ANOTARSE CON ANTELACIÓN INDICANDO Nº DE PERSOAS E MARIDAXE(S) PREFERIDAS.
RESERVAS:
poemagosto@gmail.com
626033867
Messenger en facebook.com/ponmeunpoema
Ou dende o FORMULARIO DE RESERVA na web.

Entrada libre e gratuíta. Prioridade persoas anotadas con reserva. Capacidade limitada segundo normas vixentes.

COLABORA ANOTÁNDOTE CON ANTELACIÓN, INDICANDO MARIDAXE(S) A RESERVAR.

MARIDAXES (FÍO DE LIÑO) · PREZO: 3€ / ud.

MARIDAXE 1. Pastel de peixe + viño branco Adeus (D.O. Ribeiro)
[pescada, porro, cenria, espinacas, cebola]

MARIDAXE 2. Tapenade + vermú vermello La Fabulosa.
[paté de oliva negra, anchoa, alcaparras, aceite de oliva]

* Servizo de barra a maiores das maridaxes.
* A bebida que acompaña as maridaxes poderá ser trocada por unha alternativa sen alcol.
* A organización venderá os tíckets das maridaxes (3€ / ud) para facilitar o traballo do servizo de bar.
* As consumicións á parte (non maridaxes) pagaranse directamente na barra.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close