Máis
10 Outubro, 2020 12:00 - 22:00
Festival Internacional de Xardíns de Allariz
Paseo Portovell, Allariz
Organizado Por
Poemagosto. Festival Internacional de Poesía en Allariz
O VII Poemagosto – Festival Internacional de Poesía en Allariz celebrarase o sábado 10 de outubro, nunha única xornada e dividido en tres actos:
12:00h –ACTO POÉTICO – MUSICAL coas lecturas de poesía dxs 8 poetas participantes e a actuación do grupo Son Trío.
18:00h – ACTO POÉTICO – MUSICAL coas lecturas de poesía dxs 8 poetas participantes e a actuación do grupo Terra Morena.
20:30h – CONCERTO con Xosé Luís Rivas ‘Mini’ e Trilitrate.
POETAS: Moncho Iglesias Míguez, Charo Lopes, Antón Reixa, Baldo Ramos e Andrea Nunes Brións (Galiza), Sofía Castañón (Asturies), Raquel Lima (Portugal) e Abdul Hadi Sadoun (Irak).
O lugar de celebración será este ano a explanada ó aire libre, no interior do recinto do Festival Internacional de Xardíns.
En caso de choiva, será na parte cuberta do patio do Museo do Coiro.
Será obrigatorio e inescusable o uso de máscara durante a celebración dos actos, así como permanecer no asento asignado. Non estará permitido fumar no recinto das actividades.
A capacidade de público para cada un dos actos será limitada (100 persoas), e para acceder será obrigatoria a reserva previa de praza para cada persoa.
Podedes FACER A RESERVA (GRATUÍTA) a través do formulario que atoparás clicando aquí (web do www.poemagosto.org), ou ben escribindo un correo-e a poemagosto@gmail.com indicando os seguintes datos obrigatorios:
– Nome e apelidos.
– Teléfono de contacto (por protocolo de rastrexabilidade)
– Indicar claramente a cal ou cales dos tres actos se desexa asistir. Pregámosvos que reservedes unicamente para os actos ós que esteades segurxs que ides poder asistir.
A entrada ós actos é gratuíta, pero tendes a opción de reservardes a ENTRADA SOLIDARIA por 5€, que inclúe unha camiseta do Poemagosto (a recoller e pagar á entrada, no posto de libros; ata esgotar existencias). Podedes ver as cores e tallas que nos quedan nesta páxina web.