fbpx

Vienna Clarinet Connection no Festival Pórtico do Paraíso

Compárteo!

24 Marzo, 2019 19:00

Teatro Principal de Ourense

Rúa Paz n°9, Ourense

  • Localidade

    Ourense

Concerto de Vienna Clarinet Connection no Teatro Principal de Ourense dentro da programación do XII Festival Internacional de Música de Ourense Pórtico do Paraíso

“Un cuarteto que traspasa as fronteiras estilísticas dos xéneros musicais. Catro solistas e unha soa voz cunha calidade excepcional”, así definiu unha vez un crítico musical o son de Vienna Clarinet Connection. Gran virtuosismo, creatividade e alegría de vivir son os sinais de identidade deste cuarteto que forman dous clarinetes, un corno di bassetto e un clarinete baixo.

Viena Clarinet Connection formouse en 1995 con catro clarinetistas solistas de dúas das máis prestixiosas óperas de Viena, a Staatsoper Wien e a Volksoper Wien. O seu repertorio vai desde Mozart ata os nosos días e inclúe o jazz e a música étnica. Extremadamente innovadores, sempre están a buscar novas obras e a ampliar o repertorio con obras de seu e arranxos que eles mesmos fan.

Os catro actúan regularmente por todo o mundo e teñen unha traxectoria excepcional no campo do clarinete.

Helmut Hödl (clarinete). Clarinete solista da Volksoper Wien desde 1993, catedrático do Conservatorio Joseph Haydn Eisenstadt, compositor de música de cámara e orquestral e produtor musical.

Rupert Fankhauser (clarinete). Bolseiro pola Fundación Herbert von Karajan de Berlín, catedrático da Universidade de Viena e clarinete solista da Staatsoper de Klagenfurt. Desde 2012 é tamén clarinete solista do Nikolaus Harnoncourt’s Concentus Musicus Vienna.

Hubert Salmhofer (corno di bassetto). Membro dos ensembles Quintessens, Trio Gemarch e Austrian Art Ensemble, compositor e arranxador de música de cámara e bandas sonoras, ademais de catedrático do Conservatorio de Klagenfurt.

Wolfgang Kornberger (clarinete baixo). Compositor e arranxador, é membro das principais orquestras de Viena e solicitadísimo por orquestras e conxuntos de cámara de todo o mundo, cos que realizou numerosas actuacións por toda Europa e Xapón.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close