fbpx

VI Ponme un Poema! – María do Cebreiro e O Leo de Matamá en Allariz

Compárteo!

Máis

23 Marzo, 2019 19:45 - 23:45

Allariz. Varios espazos.

Allariz, Ourense

Organizado Por

Fundación Vicente Risco

VI PONME UN POEMA en Allariz6ª edición do Ponme un poema! Roteiro poético pola vila de Allariz, con María do Cebreiro e o Leo de Matamá.

 
Coa mesma convicción do primeiro día de que a poesía está nos bares, volveremos encher de versos unhas cantas barras para celebrarmos un ano máis, ó noso xeito, o Día Mundial da Poesía.
 
A calidade e forza da poética de María Do Cebreiro é de sobra coñecida. Unha poeta cunha inxente obra publicada tanto en poesía como en ensaio, tradución e obras colectivas e cunha morea de premios e recoñecementos no seu haber, entre eles o Premio da Crítica de poesía galega á mellor obra poética de 2015 por O deserto (Apiario, 2015).
 
O compromiso e a implicación política -no sentido máis amplo da palabra-, amais dunhas letras cargadas de retranca e denuncia, marcan a traxectoria d’O Leo de Matamá, nestes momentos centrado nun espectáculo homenaxe á canción protesta dos 5 continentes e ó colectivo Voces Ceibes, pero sen deixar de banda algúns ‘temazos’ que fixeron d’O Leo i Arremecaghoná un referente do punk galego.
 
Programa:
María do Cebreiro

María do Cebreiro

– 19:45h. Comezamos no Bar Petiscos (R/ Portelo 16) e continuamos nesta orde:

1 Bar Petiscos Allariz  >  2 A Despensa do Alarico  >  3 Pepiño de Allariz  >  4 Vinoteca A Micalla

María do Cebreiro recitará en cada un dos catro locais do roteiro, despois de que todas e todos gocemos tranquilamente das maridaxes (tapa + bebida) que nos terán preparadas.
 
– 22:30h. Café Bar As 4 Portiñas [Herdeiro](R/ Emilia P. Bazán, 11)
 
O Leo de Matamá. Concerto do polifacético e archicoñecido músico punk (e poeta!), sempre sorprendente, provocador e gherrilleiro!
O Leo de Matamá na Arca da Noe

O Leo de Matamá na Arca da Noe

Información:
Tanto o acceso aos locais para escoitar a poeta como a entrada ao concerto final son abertos a todo o público e de balde.
O prezo de cada maridaxe nos locais do roteiro é de 3 €, e gozar delas é a mellor maneira na que o público pode colaborar voluntariamente co Ponme un Poema! e, sobre todo, coas amigas e amigos dos locais que nos apoian.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close