fbpx

VI NOITE DAS PERSEIDAS

Compárteo!

10 Agosto, 2019 Todo o día

Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa

San Cibrao de Las s/n. CP.32455 San Amaro/Punxín

988267285

  • Localidade

    San Cibrao de Las

Programa Perseidas 10 agosto min

Aproxímase un dos eventos máis especiais do Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa!

O vindeiro sábado 10 de agosto celebramos a sexta edición da Noite das Perseidas, unha experiencia para descubrir e sentir a maxia de Lansbrica: unha cidade sen igual que de seguro vos conquistará. Como novidade, este ano ampliamos as actividades a practicamente toda a xornada:

  • 12:00h – 21:00h LANSBRICA VIVE: Sairán visitas interpretativas, de maneira continua, á área arqueolóxica. Nelas teredes ocasión de interactuar con expertos en recreación histórica e contemplar escenas propias da vida cotiá no mundo galaico-romano.
  • Ás 20:00h TITIRICIRCUS: un exquisito espectáculo de Tanxarina Títeres con marionetas de fíos e actores que, en permanente xogo coa audiencia, fará as delicias de todos os públicos.
  • Ás 21:30h, aqueles que así o desexedes, poderedes desfrutar dunha experiencia única: Á LUZ DAS CANDEAS, unha cea temática no interior do emblemático castro de San Cibrao de Las.
  • A partir das 23:00h, comenzará A CIDÁ DAS ESTRELAS: un fascinante percorrido nocturno pola área arqueolóxica, unha oportunidade magnífica para coñecer a Cidá de Las dun xeito diferente.
  • Finalmente, a velada rematará coa MAXIA DE PERSEO (00:30h), actividade de observación e explicación do ceo nocturno a cargo da Asociación Astronómica de Ourense (AAO).

 VIVE UNHA EXPERIENCIA ÚNICA E VIAXA NO TEMPO Á CIDADE GALAICA DE LANSBRICA!

Lembrade que é necesario reservar as actividades previamente, xa que o aforo é limitado.

Máis información, tarifas e reservas no 988 267 285 ou en reservas@pacc.es.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close