fbpx

VI Festival Hércules Brass en Celanova

Compárteo!

29 Xullo, 2019 a 1 Agosto, 2019

Celanova

Celanova

  • Localidade

    Celanova

VI Hércules Brass en Celanova programaDende o 29 de xullo ao 2 de agosto de 2019 queremos que respires connosco música, ilusión e entusiasmo, que goces de novos concertos e, como non, que aprendas e compartas experiencias únicas da man dos mellores profesores de trompeta, trombón, trompa e tuba.

Para isto, seguimos organizamos clases maxistrais con profesores cos que nos sentimos moi identificados polo seu estilo de tocar e ensinar, este ano temos a sorte de contar cun grande elenco internacional e nacional como Andrea Conti, Roberto Bodí, Franck Pulcini, Esteban Batallán, Bruno Flahou, Martín Naveira, Jean Pierre Cenedese e Thierry Thibault.

Convidamos importantes grupos como o Ensemble Epsilon, todo un referente en cuartetos de metais, que conta cunha longa traxectoria; e a Orquestra de Cámara Galega que acompañará ao solista Esteban Batallán.

Así mesmo, hai que engadir o concerto no órgano de San Salvador con Sar Ensemble e como sempre, a marabillosa posta en escena da Banda de Música de Celanova, que mesturará os seus acordes co solista Fabio Brum.

Ademais, Hércules Brass Ensemble contará novamente co mestre Luís Miguel Méndez á batuta, un músico galego, clarinetista da Orquestra do Teatro Real (Madrid), que está a cultivar moitos éxitos na dirección de Orquestra.

Como broche final, o alumnado será o encargado de pechar este ano o festival interpretando todos xuntos un espectacular repertorio.

Consideramos que o festival é unha proposta fascinante para todo o alumnado dos instrumentos de vento metal porque terá a oportunidade de coñecer, ver e escoitar a outras persoas participantes chegadas de diferentes puntos de España e do estranxeiro, e á súa vez tamén, para o público en xeral polo alto nivel artístico que poderá gozar durante ditos días.

Esperámoste en Celanova, ven vivilo por ti mesmo e que ninguén cho conte.

PROGRAMA COMPLETO na imaxe do cartel.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close