fbpx

V Feira da Cervexa Artesá e Artesanía Medieval en Verín

Compárteo!

13 Setembro, 2019 Todo o día

Verín

Verín, 32600 Ourense

  • Localidade

    Verín

V Feira da Cervexa Artesá e Artesanía Medieval en VerínNesta edición da feira estarán presentes as seguintes marcas de cervexa artesá: Cervezas La Castiza, Celebridade Galega Ecolóxica, Cerveza Monte Rei, Cerveza Internacional Agneta´s, Cerveza Santa Caribe, Hidromel Ambrosía e Cerveza La Verbena.

Este ano ampliase a oferta gastronomía e haberá polbo con patacas, mexillóns ao vapor, empanadas galegas e pratos de embutidos de porco celta e queixo preparados por un cortador profesional.

A entrada ao festival é gratuíta e as cervexas artesás terán un prezo popular de 2 euros a caña, máis un vaso reutilizable conmemorativo por 1 euro. Tamén estarán dispoñibles botellas e packs para a venda.

A Banda De Gaitas do Concello de Verín amenizará a xornada de inauguración do venres.

O sábado pola tarde haberá tamén unha actuación musical.

Ademais, os máis cativos poderán gozar de inchables.

Horario de apertura da feira:

Venres de 19.00h a 00.30h,
Sábado de 11.0h a 00.30h
Domingo de 11.00h a 21.00h.

Durante o festival haberá un percorrido cervexeiro no que se lle entregará ao participante unha papeleta que deberá cubrir cos selos dos oito fabricantes cervexeiros. Os participantes terán os 3 días para completar a papeleta.

O domingo, ás 20:00 horas, realizarase un sorteo entre todos aqueles que completen o cartón.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close