Máis
13 Setembro, 2019 Todo o día
Verín
Verín, 32600 Ourense
Localidade
Verín
Nesta edición da feira estarán presentes as seguintes marcas de cervexa artesá: Cervezas La Castiza, Celebridade Galega Ecolóxica, Cerveza Monte Rei, Cerveza Internacional Agneta´s, Cerveza Santa Caribe, Hidromel Ambrosía e Cerveza La Verbena.
Este ano ampliase a oferta gastronomía e haberá polbo con patacas, mexillóns ao vapor, empanadas galegas e pratos de embutidos de porco celta e queixo preparados por un cortador profesional.
A entrada ao festival é gratuíta e as cervexas artesás terán un prezo popular de 2 euros a caña, máis un vaso reutilizable conmemorativo por 1 euro. Tamén estarán dispoñibles botellas e packs para a venda.
A Banda De Gaitas do Concello de Verín amenizará a xornada de inauguración do venres.
O sábado pola tarde haberá tamén unha actuación musical.
Ademais, os máis cativos poderán gozar de inchables.
Horario de apertura da feira:
Venres de 19.00h a 00.30h,
Sábado de 11.0h a 00.30h
Domingo de 11.00h a 21.00h.
Durante o festival haberá un percorrido cervexeiro no que se lle entregará ao participante unha papeleta que deberá cubrir cos selos dos oito fabricantes cervexeiros. Os participantes terán os 3 días para completar a papeleta.
O domingo, ás 20:00 horas, realizarase un sorteo entre todos aqueles que completen o cartón.