fbpx

Unha noite na Serra – Perseidas desde San Mamede

Compárteo!

9 Agosto, 2019 18:00 - 23:30

Serra de San Mamede

Serra de San Mamede

Organizado Por

Xeitura / Xestión Integral do Patrimonio Cultural

  • Localidade

    Rebordechao - Serra de San Mamede

Unha noite na Serra Perseidas desde San MamedeDentro do proxecto Faladoiros da Serra, que vira ao redor da Serra de San Mamede, realizamos esta actividade que combina un roteiro de sendeirismo coa observación do ceo nocturno no alto da serra, coincidente coas Perseidas ou Bágoas de San Lorenzo de mediados de agosto.

A actividade comeza ás 18:00 horas cun roteiro por carreiros tradicionais de 7 km desde Rebordechao ata a Capela de San Mamede, onde terá lugar unha cea de tipo picnic e, despois, unha actividade de observación astronómica.

A volta realizarase en vehículo. Tamén hai opción de realizar o roteiro por unha pista de 9 km: máis longa que por carreiro, pero con menos desnivel acumulado.

OBRIGATORIO o uso de frontal ou lanterna, e levar roupa de abrigo e calzado cómodos para camiñar pola montaña.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close