fbpx

Un home con lentes de pasta (Redrum Teatro)

Compárteo!

7 Maio, 2021 20:00

Teatro Principal de Ourense

Rúa Paz n°9, Ourense

  • Localidade

    Ourense

 Redrum Teatro estrea 'Un home con lentes de pasta'Redrum Teatro estrea ‘Un home con lentes de pasta’.

Trátase dunha comedia negra que bebe de fontes moi diversas, como do cineasta Woody Allen

A compañía Redrum Teatro estrea no Teatro Principal de Ourense o 7 e o 8 de maio a obra ‘Un home con lentes de pasta’, beneficiaria o pasado ano das axudas á creación escénica da Xunta de Galicia. A nova montaxe incorpórase á programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios.

‘Un home con lentes de pasta’ estréase en Galicia e en galego, cando continúa a estar de plena actualidade por afondar na exploración do ser humano e nas relacións persoais. Trátase dunha comedia negra que bebe de fontes moi diversas, como do cineasta Woody Allen ou do director teatral Alfredo Sanzol. Estreada en Barcelona en 2010, recibiu o premio da crítica Serra D’or ao mellor texto teatral, o de mellor espectáculo nos premios Time Out 2011, o premio Mi Butaquita de mellor obra no 2014 e estivo nomeada a mellor texto catalán nos Premios Max 2011.

As entradas poñeranse á venda o 4 de maio a partir das 12:00 horas a través da web www.ataquilla.com, www.teatroprincipalourense.com e no despacho de billetes do Teatro Principal de 12:00 a 14:00 horas.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close