fbpx

Un Berro Enraizado. Gustavo Duch e Guille Jové en Allariz

Compárteo!

3 Xullo, 2019 20:00 - 21:00

CSA Cambalhota

Camiño Socastelo, 10 Allariz

Organizado Por

CSA Cambalhota

  • Localidade

    Allariz

Un Berro EnraizadoUn recital de proximidade, unha fusión de relatos e cancións, poemas e músicas para avivar as loitas polo rural, o campesiño, o solidario.

O mércores 3 de xullo ás 20:00 h. visítanos Gustavo Duch, co que imos ter ocasión de pasar un anaco agradable de convivencia, poesía, contos, e moita agro-ecoloxía no Centro Social A Cambalhota.

Un Berro Enraizado nace da simbiose dos proxectos persoais de Gustavo Duch e Guille Jové, unha fusión entre contos e cancións, poemas e músicas. Para ambos os dous, a preocupación pola terra que nos sustenta, a Terra que nos acolle e o respecto para quen a coida e a protexen son temas principais.

Se ‘conspirar’, é respirar ao unísono con alguén, este é o caso de Guille e Gustavo, que se coñeceron en 2015 nun lugar por onde pasea moita xente: “El Bosque Habitado”, programa de Radio 3 (Radio Nacional de España).

Desde entón, distintos colectivos, asociacións ou entidades públicas apostaron polo concerto-recital “Un Berro Enraizado” para a apertura ou clausura de xornadas, cursos ou ciclos de actividades culturais.

En cada recital, o proxecto, como unha larva de insecto, muda, renace e crece, engadindo pezas, actualizando temáticas, pero sempre cun selo propio: recitais de proximidade.

Se tendes máis curiosidade, engadimos algunhas ligazóns:

https://gustavoduch.wordpress.com/2018/04/25/cosechas-de-mucha-gente-pequena/

O blog de Gustavo Duch, PALABRE-ANDO, onde publica os seus artigos:
https://gustavoduch.wordpress.com

O seu Twitter, para quen ande por esas redes:
https://mobile.twitter.com/gustavoduch

Un brevísimo currículo, con ligazóns a moitos dos seus artigos publicados en numerosos medios:
https://www.rebelion.org/autores.php?tipo=5&id=83&inicio=0

E un vídeo, cun exemplo dos seus recitais:

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close