fbpx

Trekking á Feira do Viño de Ribadavia

Compárteo!

5 Maio, 2019 10:00 - 14:00

Ribadavia

Ribadavia

  • Localidade

    Ribadavia

Presentamos a terceira edición do noso Trekking á Feira por Ribadavia. Unha maneira diferente de fusionar o que máis nos gusta ós galegos: A nosa natureza e a nosa gastronomía.
Imos de novo á 56ª Feira do Viño do Ribeiro para gozar dos seus viños pero tamén de unha xornada chea de actividades: catas actuacións, artesanía, pulpeiras…

Partiremos dende a Veronza, en Ribadavia, paseando polas beiras do Río Avia. Á altura da Quinza cruzarémolo e adentarémonos nas viñas dos pobos de tradición máis vitivinícola do D.O. Ribeiro, como Esposende ou San Andrés. A primeira parte do camiño está salpicada de pazos como o de Pazo dos Ulloa, ou a Casa Grande do Ribeiro e por innumerables viñas , como as de adegas Leive. Mais adiante subiremos pola ladeira para apreciar a panorámica e comezaremos a descender cara Santo André, onde pasaremos polas viñas de Casal de Arman ou os de Adega Dona Elisa.

Despois da camiñata iremos á Feira do Viño do Ribeiro, onde degustaremos algúns dos mellores brancos do mundo.

DETALLES DA RUTA
Ruta semi-circular
Distancia 12km
Dificultad media
Duración 4h

PREZO
Adultos 10€ (non inclúe viño nin pulpo)
Nenos ata 12 anos 5€ hasta 12 años: 5€
Inclúe: Guía, seguros accidentes e RC

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close