fbpx

TOLITATES – TEATRO MARIONETAS TRÉCOLA

Compárteo!

5 Maio, 2019 12:00

Auditorio Municipal de Ourense

Rúa da Canle, 2 Ourense

Tolitates, movido por unha atracción se cadra máis tola ca el, sáltase todas os sinais de perigo e escapa da cordura atopando outras personaxes e situacións absurdas que loitan polo protagonismo sobre as táboas dun teatro.Un gran elenco informal e atolado formado por obxectos, marionetas de fíos, bunraku e guiñol que nos leva á gargallada continua sen mediar palabra. Revalorizamos as marionetas e obxectos como protagonistas da dramaturxia, obviando as palabras fronte á pantomima e a música nun escenario máxico e cheo de segredos no que non se adiviña a figura do titiriteiro.

Sala Azul do Auditorio municipal

Idade recomendada a partir de 3 anos

Duración 50 min

Entradas 3 € aquí ou desde dúas horas antes da actuación na billeteira do Auditorio municipal

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close