fbpx

TEUC – Coimbra (Portugal)

Compárteo!

6 Maio, 2019 20:30

Auditorio Municipal de Ourense

Rúa da Canle, 2 Ourense

 TEUC - Coimbra (Portugal) Estaba esta nai Maria, Meri, Marí, muller dura, de aldea, ignorante mais coñecedora da crueza das leis da rúa, en busca do propio fillo que, por fatalidade, naceu intelixente e enleouse nas redes e lixos da política, polo que foi detido e levado non se sabe ben para onde.

Maria espera e desespera sen noticias do fillo, desprezada pola burocracia, atormentada apenas polas memorias dos que a poderían axudar mais a abandonaron á súa sorte, cruelmente, sen piedade.
Incapaz de comprender os ideais políticos aos que se entregou o seu fillo, esgotada e entregada á dor, acaba por ceder á resignación propia da supervivencia.

Dirección: Ana Teresa Santos
Duración: 90 min

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close