fbpx

Teño dereitos. Contada teatralizada con Uxía Morán

Compárteo!

14 Decembro, 2019 12:00

Punto e Coma

Organizado Por

Punto e Coma

  • Localidade

    Ourense

Contada teatralizada con Uxía Morán. Teño dereitos. Ilustrado por Miguel RobledoEste sábado 14 ás 12:00h temos en Punto e Coma unha contada moi especial para nós. Uxía Morán contará, de forma teatralizada, o último traballo do noso compañeiro Miguel Robledo editado por Aira editorial, ‘Teño dereitos’.

Trátase dun libro que explica os Dereitos dxs Nenxs dunha maneira adaptada para a rapazada pero ao mesmo tempo moi útil para a súa divulgación e uso entre as persoas adultas.

Ao rematar, o Miguel Robledo asinará exemplares.
Importante: debido á temática, a contada é para crianzas maiores de 5 anos.

Deste xeito tan especial, pechamos ata o próximo ano as actividades en Punto e Coma.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close