Máis
22 Novembro, 2019 20:30 - 22:00
Auditorio De Verin
Camiño a Balneario de Sousas 32600 Verín
Localidade
Verín
O venres 22 de novembro, ás 20:30 horas, representarase no Auditorio Municipal de Verín a obra “Fillos do Sol”, coproducida por CONTRA Produccións e FIot Carballo. Devandita representación, de carácter gratuíto, está incluída na programación do programa de Dinamización Linguística da Xunta de Galicia (FalaRedes).
‘Os Eoas (fillos do sol)’
Fillos do sol é unha peza teatral emotiva e divertida sobre os derradeiros anos de Eduardo Pondal, inspirada no autor e na obra que o ocupou toda a súa vida como obsesión: Os Eoas, escrita e dirixida por Cándido Pazó, con César Cambeiro, Adrián Ríos e Alba Bermúdez e destinada a público desde os catorce anos.
A peza, a cabalo entre a realidade ficcionada e a fabulación dramática, presenta o personaxe de Pondal desdobrado nun D. Eduardo que, xa octoxenario e comesto pola neurose dos seus últimos anos, confronta as súas dúbidas, medos e insatisfaccións creativas cun personaxe nacido da súa perturbación: Eduardo, que non é outro ca el mesmo, de mozo, nos inicios da súa carreira literaria. E, como contrapunto, a vida real e diaria representada por Rosa, a criada nova da pensión na que o bardo pasou a derradeira etapa da súa vida.