fbpx

Teatro | Curva España

Compárteo!

28 Setembro, 2019 21:00

Auditorio De Verin

Camiño a Balneario de Sousas 32600 Verín

  • Localidade

    Verín

Teatro | Curva EspañaA historia da curva na que se matou España. A estraña morte do enxeñeiro España, principal valedor de que o tren pasase por Verín, foi a orixe dunha lenda local que se transmitiu oralmente entre os veciños da comarca nos últimos 100 anos e que acusaba aos caciques da zona de simular un accidente de coche para asasinalo e preservar así os seus escuros intereses económicos.

“Curva España” trata sobre un crime aparentemente sen resolver, unha morte violenta que provoca sospeitas e interrogantes sobre os seus autores, motivacións e consecuencias. A partir da existencia de distintas versións sobre o caso, a compañía Chévere artella unha peza que ironiza sobre o formato documental combinando teatro e cine en directo, bebe do xénero policial e funciona como unha alegoría da construción do estado nación español coma se fose a promesa dun tren que nunca chegou.

Porque a esta zona afastada España apenas chegou en forma de mito, e o mito fala da súa morte nunha curva.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close