fbpx

Teatriño de Títeres “Ada,Magnífica Científica” + Actividades

Compárteo!

26 Marzo, 2019 17:30 - 18:30

Concello de A Bola

Estrada Allariz-Celanova, S/N A Bola, Ourense

  • Localidade

    A Bola

Teatriño de Títeres “Ada, Magnífica Científica” e actividade con experimentos científicos para nenos/as.

Presentámosvos aquí a nova actividade que acolleremos dentro do noso proxecto “Escola de Familias”: un teatriño de títeres que contará a historia adaptada de “Ada, Magnífica Científica” que ao seu término dará paso a unha experiencia práctica na que as familias asistentes poderán participar observando e probando diferentes experimentos científicos adaptados para os nenos/as, podendo levar unha pequena mostra para casa.

Ada, Magnífica Científica é un conto de Andrea Beaty ilustrado por David Roberts, que relata como unha nena que ten a cabeza chea de preguntas e sempre sentiu unha curiosidade insaciable… pero cando leva demasiado lonxe as súas exploracións e complicados experimentos científicos, os seus pais fártanse e mándana ao “rincón de pensar”… tanto pensar faralle cambiar de opinión?

O nome completo da protagonista da historia é Ada Marie, e fai referencia a dúas destacadas figuras femininas dentro da historia da ciencia a nivel mundial cuxa curiosidade e paixón as levou a grandes descubrimentos: Marie Curie, que descubriu novos elementos, o polonio e o radio, e a intervención dos raios X se debe tamén ao seu traballo, e Ada Lovelace que foi matemática e a primeira programadora da historia.

Para inscribirse e participar na actividade, ou obter máis información, poñerse en contacto co noso Programa acudindo presencialmente ao concello, por teléfono (988451293) ou escribindo un correo a: educacionfamiliar@concelloabola.gal

PRAZO LÍMITE DE INSCRICIÓNS: luns 25 de marzo.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close