fbpx

Swingueando por Ourense

Compárteo!

Comeza en 13 Horas, 24 Minutos

24 Febreiro, 2019 a 24 Febreiro, 2019 12:00 - 16:00

Ourense. Varios espazos.

Ourense

    A próxima fin de semana do 23 e 24 de febreiro, imos a bailar a Ourense! Unha excursión que inclúe clandestino, comida, termas, festa e sesión vermú, que non sería posible sen o apoio da nosa amiga e alumna Andrea Vegabreu; e que conta coa colaboración de Lindy Hop Ourense.

    As actividades propostas son independentes entre si, podes vir a algunhas só, ou se o prefires, podes vivir unha fin de semana completiña swingueando, comendo e relaxando. Segue lendo para ver o programa completo:

    SÁBADO 23 DE FEBREIRO

    12.00h CLASE ABERTA DE LINDY HOP INICIACIÓN
    Praza das Mercedes (ao aire libre)
    Impartida por Elena e Jorge (Swing On School). Donación a taquilla inversa, ou sexa, que pagas o que queiras ao finalizar a actividade e así axudarás á escola cos gastos derivados da actividade.

    13.00h BAILE NA RÚA
    Praza das Mercedes (ao aire libre)

    14.00h COMIDA NA TAPERÍA PORTOVELLO
    Praza das Mercedes 4

    IMPRESCINDIBLE RESERVA antes do 16 de febreiro escribindo a info@swingonvigo.com elexindo unha das seguites opcións:

    MENÚ CANDEM TOWN
    Croquetas de mexilón ‘tigresas’ | chipiróns á prancha con aceite de allo | patacas 3 salsas (cabrales, brava, ali-oli) | lacón asado con salsa de atún | A ESCOLLER: dourada ao forno ou xarrete estofado | variado de postres caseiros | pan, auga, refresco ou cervexa | viño tinto e branco | café ou infusión e chupito.
    Se escolles este menú, non esquezas especificar no mail de reserva se prefires dorada ou xarrete.
    Prezo: 20€

    MENÚ VEGANO E SEN GLUTE
    Falafel con maionesa vegana | ensalada templada de boletus | crema de cabaza | arroz con verduriñas e cacahuetes en salsa agridoce | crumble de mazá | auga, refresco | viño tinto e branco | café ou infusión e chupito.
    Prezo: 20€

    18.00h BAÑO NAS TERMAS DE OUTARIZ
    Rúa do Fondo do Lugar s/n

    IMPRESCINDIBLE levar toalla, bañador e chanclas.
    Nas termas non é posible facer reserva, por iso dende Swing On School non podemos garantir prazas para todo o mundo, e se alguén quedara sen praza tal vez tería que esperar un anaco para entrar. Aínda así a capacidade é de 180 persoas polo que entendemos que non haberá moito problema.
    Prezo: 5,70? (dúas horas)

    21.00h FESTA SWING CON PETISCOS VEGANOS
    El Pueblo Café Cultural. Rúa Hernán Cortés 26

    Ao inicio da festa poderás degustar petiscos veganos, preparados por Progape Ourense, cos que colaborarás para mellorar a vida dos bichiños que teñen a sorte de topar con esta asociación.

    E mentras tanto, e ata ás 02.00h, estaremos poñendo temazos e queimando pista en El Pueblo Café Cultural, local súper emblemático da vida cultural ourensá.
    Prezo: entrada libre

    DOMINGO 24 DE FEBREIRO

    13.00h O VERMÚ DO ROCK CLUB
    ROCK CLUB ourense. Rúa Hernán Cortés 24
    Sesión organizada polas nosas amigas de Lindy Hop Ourense, que non teñen ningunha intención de que os nosos pés deixen de bailar só por ser domingo. Como sábedes o que nos gusta, xente riquiña!
    Prezo: Entrada libre

    Deixa un comentario

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

    Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

    The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

    Close