fbpx

Strpts. Fin de Tempada / Cinema Sticado

Compárteo!

1 Marzo, 2019 21:00 - 22:00

Teatro Lauro Olmo

Calle Estación 1, 32300 O Barco De Valdeorras, Ourense

  • Localidade

    O Barco De Valdeorras

Neste espectáculo os dous actores-manipuladores, todo o tempo en escena, recrean un xogo: o xogo de facer unha película, o xogo de crear unha realidade e ao mesmo tempo transformala.

Crean a realidade dun mundo de cartón no que viven personaxes debuxados e recortados, e a crean a través da manipulación manual deses personaxes e outros obxectos, a crean, aparentemente, xogando. Transforman esa realidade ao proxectala, ao convertela nunha película, eles fan a captación desa realidade, e fan a montaxe visual, e fan a banda sonora, e as voces dos personaxes.

Mais nun momento dado ocorrerá unha revelación, eses actores-manipuladores non están realmente xogando. É máis, non son os verdadeiros donos dos seus movementos. E neste momento quedará patente o verdadeiro tema do espectáculo que xa anticipaba a película recreada: a manipulación.

SINOPSE
Dous frikis humanos teñen a misión de facer unha película, unha selva está a piques de desaparecer, dous fuxitivos agardan nunha casaillada, un Ministro e o seu fillo ambicionan o poder, e no medio de todos eles…. un maletín.
O Colectivo Cinema Sticado continúa a xogar coa súa cacharrada analóxico-dixital para compoñer con intriga, humor e maxia unha aventura que xira en torno á manipulación e na que calquera parecido coa realidade é plenamente intencionado. Ou non.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close