fbpx

SEGUNDO CAVILOSO. INFANTIL

Compárteo!

9 Febreiro, 2020 12:00

Auditorio Municipal de Ourense

Rúa da Canle, 2 Ourense

  • Localidade

    Ourense

Segundo Caviloso é especialista en artes marcianas.
Desde a súa máis tenra infancia sentiuse atraído polos números e non pode deixar de contalo todo. A  máxima na vida de Segundo é resolver grandes enigmas coma pode ser calcular as raíces cadradas das plantas que se atopan fóra de testos.
Segundo pasan os minutos e as horas coma verdadeiramente lle gusta, cavilando. Iso significa que mentres reflexiona profunda e minuciosamente sobre os seus asuntos é capaz de voar entre ecuacións e fórmulas imaxinarias con solucións improbables.
Segundo Caviloso atrévese con todo, mesmo cunha clase maxistral de física cuántica aplicada sobre superficies peludas.

Infantil (7-14 anos)

Entradas en ataquilla.com, no teléfono 902 504 500, na Sede de Afundación (Praza Maior, 4) e na billeteira do Auditorio dúas horas antes da función.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close