fbpx

Shrek, o musical no Auditorio de Ourense

Compárteo!

10 Marzo, 2019 18:30

Auditorio Municipal de Ourense

Rúa da Canle, 2 Ourense

Shrek, o musical é a primeira adaptación OFICIAL da productora DreamWorks que se fai ó galego.

Shrek,  o ogro máis carismático e famoso do cine de animación enfréntase xunto ó seu amigo Burro, ó desafío de rescatar á bela princesa Fiona da torre na que está encerrada fai anos e vixiada por una temible e romántica dragona.

Lord Farquaad, rexidor de Duloc –pobo aburrido e perfecto onde ninguén é “distinto”- necesita casarse cunha princesa para convertirse en rei e encárgalle a Shrek a misión de rescatar e levarlle a princesa elexida a cambio de darlle para sempre a posesión da súa lameira para vivir en paz e so de por vida.

Tanto Shrek como todos os entrañables personaxes de contos de fadas son perseguidos e desterrados polo exército de Farquaad, que os chama despectivamente “frikis”, e os desprecia por ser diferentes. Pinocho laméntase xunto cos seus amigos pola mala sorte, ata que ó final, todos descobren a verdadeira fortaleza está na diferencia e na aceptación da propia identidade.

Cando Shrek descobre esa fortaleza en sí mesmo, comeza a creer que a pesar de ser un ogro, pode lograr cumprir os seus soños, e tal vez –por que non- ser merecedor do amor de Fiona, unha princesa encantadora, soñadora e sorprendente. Un ogro e unha princesa? É tan descabellado pensar nunha historia de amor que rompa con todolos códigos de perfección dos clásicos contos de fadas?

 

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close