fbpx

Sherlock Jr. Cine mudo e música en directo con Caspervek

Compárteo!

23 Febreiro, 2019 21:00 - 21:45

BenComún Espazo

Torre Lombarda, 1 Baixo Allariz

988 680 892

Organizado Por

Fundación Vicente Risco

1ª Película deste IV Ciclo de Cine e Música en Directo con Caspervek.
Sherlock Jr., de Buster Keaton. Keaton é un proxeccionista de cine que soña con ser un detective. Milagrosamente, atópase dentro da película que está a proxectar. Alí tentará salvar a súa amada das gadoupas do vilán. Unha das máis aclamadas cintas de cinema mudo, chea de gags visuais e cun portentoso Buster Keaton.

Xa podedes mercar ou recoller o voso abono na Fundación Vicente Risco (sábados e domingos de 12h a 14h) ou en BenComún (luns a venres de 9h a 14h e de 16h a 18h).

Prezo dos abonos:
1.- Amigos/Mecenas da Fundación Vicente Risco, amigos de BenComún Espazo e socios de Vía Vella de Ponte Canedo: 40,00 €
(Para ser Amigos/Mecenas da Fundación Vicente Risco só tendes que facilitar os vosos datos: nome, nif e endezo fiscal. Un teléfono de contacto. Un correo electrónico no que vos comunicar as actividades da Fundación).
2.- Público en xeral: 50,00 €
3.- Entradas soltas: 15,00 €

Películas do IV Ciclo:
– 23 febreiro: “Sherlock Junior
– 11 maio: “Robin Hood
– 5 outubro: “O home da cámara
– 16 novembro: “Häxan. A bruxaría a través do tempo“.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close