fbpx

SÉS Presenta “Rabia ao Silencio”

Compárteo!

11 Maio, 2019 20:30 - 22:30

Auditorio Municipal de Ourense

Rúa da Canle, 2 Ourense

Organizado Por

Cunde. Distribución, Produción e Servizos Culturais

SES Presenta "Rabia ao Silencio"

SES Presenta “Rabia ao Silencio”

O venres 15 de marzo sae á venda en tendas e plataformas dixitais o novo disco de Sés, Rabia ao Silencio, á vez que o presenta en directo coa súa banda no Teatro Rosalía da Coruña, para o que están as entradas esgotadas desde hai días.
A presentación en Ourense, cidade á que regresa logo de varios anos, será o sábado 11 de maio no Auditorio Municipal, para o que saen á venda as entradas este venres 15 de marzo en ataquilla.com.

»»  Queres gañar 2 entradas para este concerto?! Participa clicando aquí!

Desta volta Sés proponnos un traballo acústico, máis íntimo e directo do que nos ten afeitos, para traer á Galicia do século XXI xoias musicais que na pasada centuria chegaron de ultramar (Cuba, Arxentina, Brasil…), mais tamén de diferentes puntos da Península Ibérica, na voz de Carlos Puebla, Víctor Jara, Mercedes Sosa, Zeca Afonso ou Fuxan os Ventos, entre outros. Cancións adaptadas á nosa lingua que foron, no seu momento, semente ou crónica dos grandes movementos sociais do século XX, cancións que exemplifican a pluma e a voz profundas, humanas e solidarias.

‘Rabia ao Silencio’ (Altafonte, 2019) é un traballo composto por unha escolma de cancións populares, folclóricas ou de autor adaptadas pola autora. Todas elas están ligadas a un pobo do que manaron e ao que nutriron. Sés escolleu cancións cunha historia detrás, que explica minuciosamente no libreto do disco: as ditaduras uruguaia e arxentina en letra de Benedetti ou Atahualpa Yupanki; a emigración galega vista por Fuxan os Ventos; a revolución sandinista; a cubana en boca en Carlos Puebla; un corrido popular mexicano dos tempos da revolución ou unha canción-denuncia da discriminación da comunidade negra dos anos 30.

Segundo a propia autora, “Rabia ao silencio’ é unha débeda contraída con quen me esinou a pensar musicando e narrando a verdadeira historia e non a dos vencedores. Máis que coma un traballo propio, está concibido coma unha homenaxe a persoas que nos legaron grandes valores; ademais nun momento sociopoliticamente miserábel e artisticamente pobre. Agora que se confunde a profesionalidade musical coa indiferencia, o individualismo e a covardía, ‘Rabia ao silencio’ era unha obriga para min”.

A ‘Rabia ao Silencio’ que cantaba Atahualpa Yupanki da nome ao sexto traballo da cantora que levará por teatros de todo o país nos vindeiros meses cunha formación de trío:

Sés á voz, guitarra e percusión.
Sabela Galván á voz, acordeón e frauta.
Tito Calviño á guitarra.

Un comentario en “SÉS Presenta “Rabia ao Silencio””

  1. Pingback: Sorteo Entradas - SÉS en Ourense - O que, ho!
  2. Trackback: Sorteo Entradas - SÉS en Ourense - O que, ho!

Os Comentarios están pechados

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close