fbpx

Sendeirismo e micoloxía no Pozo das Mouras e Monte do Castelo

Compárteo!

23 Novembro, 2019 09:00

Rebordechao

Rebordechao

Organizado Por

Xeitura / Xestión Integral do Patrimonio Cultural

  • Localidade

    Rebordechao (23) / Congostro (24)

Sendeirismo e micoloxía no Pozo das Mouras e Monte do CasteloA fin de semana do 23 e 24 de novembro realizaremos unha actividade moi completa na zona de San Mamede e A Limia. O sábado coñeceremos un recuncho único próximo a Rebordechao e con moitas lendas, como é o Pozo das Mouras. Un pequeno roteiro levaranos a este punto e combinarémolo cunha actividade micolóxica e cun pequeno picnic no centro social.
Para finalizar o día, os que o desexen, trasladámonos a Arca da Noe para gozar dunha cea e concerto nun lugar con moito encanto.

O domingo faremos un roteiro na zona de Rairiz de Veiga, subiremos ao Monte do Castelo onde antigamente existía unha torre medieval e percorreremos bosques de singulares carballos, muíños e aldeas da zona. Remataremos cunha visita ao Monumento Natural de Carballa da Rocha e o Museo da Limia.

Podes apuntarte a toda a fin de semana ou a só un día. O paquete non inclúe aloxamento pero na web recomendamos algúns aloxamentos da zona ou tamén podes consultarnos.

Toda a información detallada e inscricións en: www.celtiatravel.com

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close