fbpx

Semana Santa ao Vivo en Allariz

Compárteo!

Máis

18 Abril, 2019 a 21 Abril, 2019 Tódolos Días

Allariz. Varios espazos.

Allariz, Ourense

Organizado Por

Concello de Allariz

  • Localidade

    Allariz

Semana Santa ao Vivo

Semana Santa ao Vivo

Allariz conta atrás para as vacacións de Semana Santa na que recibe a chegada de miles de visitantes e na que se rexistra anualmente, unha alta ocupación. Con este motivo, dende hai anos, ofrece a veciños e veciñas e turistas o programa “Semana Santa ao Vivo” que inclúe música ao vivo nas rúas, mercados de artesanía e de gastronomía ou sesión de xogos tradicionais para as familias e outras novidades desta edición como as rutas interpretadas polo casco histórico ou a xuntanza de artistas da pintura que retratarán recunchos de Allariz.

Música ao vivo
A música ao vivo terá, como é habitual, un protagonismo especial na programación da Semana Santa ao Vivo en Allariz. O casco histórico encherase de ritmo grazas ás actuacións de rúa dos grupos galegos: Adrián Timms (folk/indie/pop), Banet (indie-pop, funk, synth-pop, psicodelia), Raiceira (folk tradicional), Iván Caride (pop-rock)¡, GarménHarper (tradicional/bossa/clásico/versións) e Sheila Patricia (world music/pop).

Tamén actuará o grupo alaricano Os dous porquiños e o solista Rubén Darío de Prado con versión de distintos estilos musicais. E como novidade, xa que o pasado non puido ser polo mal tempo, incorpórase ás actuacións a disciplina de danza contemporánea coa Licenciada Sotelo.

Dende o xoves ao domingo tanto veciños e veciñas como os/as visitantes a Allariz poderán gozar destas actuacións en horario de 12.00 a 14.00 y de 18.00 a 20.00 horas.

Novidades Semana Santa 2019
Unha novidade importante para este ano é a iniciativa “Ruta interpretada por Allariz”, que organiza a área de Turismo xunto coa empresa alaricana Xeitura. O obxectivo da mesma é amosar, durante unhas dúas horas e acompañados de guías especializadas/os na historia e patrimonio de Allariz, algúns dos recunchos con máis tradición da vila. Terá lugar os días 19 e 21 de abril ás 11:30 h.

E ademais, o domingo 21, Allariz recibirá a visita do movemento Urban Sketchers de Ourense. Artistas da pintura e do debuxo, profesionais e afeccionados, aos que se poden unir todas as persoas que o desexen, para celebrar o Maratón de bocetos do Centro Histórico de Allariz.

Mercados
O patio do Museo do Coiro acollerá, como é habitual, dende o xoves ata o domingo, o Mercado de Artesanía no que participan artesáns de Allariz. Unha decena de artistas exporán as súas obras feitas en coiro, cerámica ou pedra, entre outros.

O Mercado da Reserva da Biosfera ampliará o seu horario e abrirá o venres e sábado de 10:00h a 14:00h. As persoas visitantes ademais de mercar os produtos da reserva da biosfera, como o queixo do Rexo, o pan artesán, leite ecolóxica, mel, hortalizas ou produtos elaborados con castañas, poderán degustar, de xeito gratuíto, pratos elaborados na sesión de cociña en vivo.

Máis visitas durante a Semana Santa ao Vivo
Xeitura tamén se encargará doutras tradicionais visitas guiadas durante a Semana Santa: o roteiro de Armea (18 de abril ás 11:00h=) e San Salvador dos Penedos (21 de abril ás 16:00h). E o Centro de Eduación ambiental O Rexo organiza, as habituais visitas ao Rexo os días 18,19 e 20 de abril ás 17:00h.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close