fbpx

Scape Room no Castro de Santomé

Compárteo!

14 Decembro, 2019 11:00

Castro de Santomé

Santo Tomé, 8 Ourense

  • Localidade

    Ourense

Scape Room no Castro de SantoméEste sábado 14 de decembro a nosa compañeira Begoña, responsable da área de Educación Patrimonial da Cooperativa Xeitura, ten prevista unha actividade que conta cun xeito ben chulo para coñecerdes os segredos do Castro de Santomé.
(Nota: En caso de que a climatoloxía non permita realizar a actividade, adiarase para outra data.)

Trátase dunha actividade de tipo SCAPE ROOM para divertirnos; non é unha competición. A dinámica vai ser de cooperación. Crearase equipo con outras familias. É unha actividade dirixida a nenos e nenas; os adultos son acompañantes e responsables, e tamén tamén animadores da actividade.

Pretendemos que sexa unha actividade divertida para vivir en familia e sobre todo pasalo ben respectando o patrimonio.

Hora de inicio: 11:00h ( agradeceríamos que as 10:45 esteades no punto de encontro, para poder comezar con puntualidade)
Duración aprox: 1h
Punto de encontro: A caseta de recepción no xacemento.

Recomendacións:
-Roupa e calzado cómodo, así como o preciso segundo as inclemencias do tempo.
-Movil ou tablet cargado pois o mellor tedes que buscar información nas redes.

ℹ️ e INSCRICIÓNSbegogal@xeitura.com

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close