fbpx

Saumede. Festival ao Compaz

Compárteo!

16 Agosto, 2019 Todo o día

Saumede (A Bola)

Saumede (A Bola)

  • Localidade

    Saumede (A Bola)

Saumede. Festival ao ComapazSaumede. Festival ao Compaz Volve o festival mais único e subterráneo de Galiza, que vai xa pola novena edición!

Lugar cósmico de alta resonancia pra acoller la crème de la crème do underground galego.
Ese ano contamos ca colaboración de La Melona – Sello Discográfico, que nos traen xoias musicais !

VENRES 16

ELBA
Trifulca
Las Cruzes
Nüca
Yuraq Walla
Dj Bibax

SÁBADO 17

Kondios (Sesión vermú degustación do novo coctél de Saumede !)
Señor Anido
Carlos Da Aira
Mounqup
Mundo Prestigio
CosmonautC (Dj)
Teresa (Dj)

Ven e trae a tod@s @s compis que poidas!

O Festival ten comida e bebida a prezos populares e actuacións con ENTRADA GRATUÍTA.

INFORMACIÓN ÚTIL

Por se estás pensando en vir, aquí van unha serie de consellos prácticos:

1. Saumede conta con zona de acampada e aparcamento gratuítos, ademais dun bar no que se servirá comida e bebida, sempre con opcións vexetarianas e a prezos accesibles. Non se acepta o pago con tarxeta, polo que recomendamos que traiades cartos en efectivo para poder consumir no bar. Os caixeiros, supermercados e establecementos comerciais máis próximos están en Celanova, a 10 minutos en coche.

2. Non hai transporte público para chegar a Saumede. Se ides vir en coche, animámosvos a compartilo neste evento para poder axudar á xente que non ten como vir e ser máis eficientes en xeral.

3. Polo día, como na provincia de Ourense en xeral, soe ir moita calor, pero polas noites refresca: traede roupa de abrigo.

4. Saumede é parte da Área de Allariz, catalogada como Reserva da Biosfera. Por favor, respectádea con cabeciña e empregade as papeleiras e cinceiros.

5. A zona de acampada non ten iluminación de noite, así que é mellor que traiades lanterna ou o móbil ben cargado.

6. Hai duchas ao aire libre á disposición de quen acampe. Recomendamos traer chanclas para utilizalas.

7. Haberá carteis que vos indicarán como chegar a Saumede, pero non sería a primeira vez que alguén se perde. Recomendamos que busquedes antes ou sigades as instrucións deste enlace: https://asociacionelpueblosaumede.wordpress.com/como-chegar/

8. Se sacades fotos e queredes compartilas, empregade o hashtag #saumede para que poidamos velas todxs!

9. Se tes calquera cuestión, podes preguntala no evento de facebook: https://www.facebook.com/events/376338409746103/

O Festival Ao Compaz de Saumede non é un evento comercial, senón unha festa organizada pola Asociación El Pueblo Saumede e un grupo de persoas voluntarias, coa idea de dinamizar o lugar e servir de punto de encontro para a cultura fóra do comercial. Ao ser gratuíto, as fontes de financiamento do festival e do proxecto de revitalización de Saumede son outras, coas que vos convidamos a colaborar:

1. O bar do festival: por favor, evitade na medida do posible traer comida e bebida de fóra e consumide os produtos ofertados pola organización.

2. Bote de donativos: durante o festival, estará á vosa disposición na barra un bote no que podedes botar as voltas ou o que consideredes oportuno para axudar a remunerar dignamente aos grupos e reparar algúns problemas pendentes de arranxar na aldea.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close