fbpx

Sanny + Arancha Nogueira no Moucho (Ourense)

Compárteo!

7 Marzo, 2020 20:00

Cervexaría O Moucho

Rúa da Concordia 17 (soto) 32003 Ourense

  • Localidade

    Ourense

La imagen puede contener: 2 personas, textoA cantautora Sanny e a poeta Arancha Nogueira escollen a Cervexaría O Moucho (Rúa da Concordia 17) para presentar os seus últimos traballos, o EP ‘Loners Downtown’ e o poemario ‘#Hashtags para un espazo agónico’ respectivamente.

O evento terá lugar ás 20:00 h. e a entrada será de balde.

Sanny é unha cantautora viguesa residente en Santiago de Compostela. A súa música está influenciada por artistas do folk e rock norteamericano como Bob Dylan, Joan Báez, ou Bruce Springsteen entre outrxs. Acompañada de guitarra e harmónica, e con Anxo Paz á percusión nalgúns temas, ofrece un repertorio propio de ton intimista. Actualmente está inmersa nunha xira pola xeografía galega presentando o seu EP debut ‘Loners Downtown’.

Arancha Nogueira , poeta, nada en Ourense, autora de Andar descalza (2013), O único lugar onde ficar inmóbil (2018), spleen en catro tempos (2018), a Comparsa (2019), Os ourizos (2019) e #hashtags para un espazo agónico (2019).

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close