fbpx

San Lázaro en Verín

Compárteo!

3 Abril, 2019 00:00

Pavillón Municipal de Deportes de Verín

Rúa Irmáns Moreno, 11. Verín Ourense

  • Localidade

    Verín

San Lázaro Verín 2019

San Lázaro Verín 2019

Festas e actividades do San Lázaro, que terán lugar os días 5, 6 e 7 de abril.

ATENCIÓN. Actualizado: por causas meteorolóxicas, a Feira de Artesanía do Lázaro trasládase ao Pavillón Municipal de Deportes.

Este ano o ente municipal volve ofrecer un amplo abano de propostas enfocadas a todos os públicos. Como novidades destacan dúas novas exposicións no Museo Claustro Mercedario, xornadas temáticas sobre plantas medicinais e recuperación de oficios tradicionais, o I Intercambio Transfronteirizo entre a Asociación Cultural Candaira e o Rancho Folclórico Os Camponeses de Arosa (Cabeceiras de Basto- Portugal).

Ao igual que o ano pasado, a estas actividades súmanse a Feira Agro +Verín, Feira do Libro, Feira de Artesanía, actividades infantís pedagóxicas, actuacións musicais variadas, o Túnel do Viño da D.O Monterrei, un Torneo de Pitch and Putt (Golf), unha mostra de vehículos de ocasión, BTT, fútbol e natación, actividades de ocio e menús “especiais Lázaro”.

PROGRAMA COMPLETO:

FEIRA AGRO+VERÍN  (6 e 7 de abril)

Pavillón Municipal de Verín

Horario

Sábado, de 10.00  a 14.00  e de 16.00 a 20.00 horas

Domingo, de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas

Inauguración oficial: Sábado 6, ás 12:00 horas

6 e 7 de abril

  • TÚNEL DO VIÑO DA D.O MONTERREI.

Horarios: de 12.00  a 14.00 e de 18.00  a 20.00 horas

Coa presenza da Sumiller Marina Cruces

  • EXPOSICIÓN DE PLANTAS MEDICINAIS

Con visitas guiadas, charlas visuais, vídeos sobre etnobotánica, saída a campo  e obradoiros infantís.

Sábado 6

16:30 – 18:00 h OBRADOIRO DE COCIÑA TERAPÉUTICA (SUSTINEA)

18:30 – 20:00 h OBRADOIRO DE COCTELERÍA ECOLÓXICA (ALICORNIO)

Domingo 7

XORNADA DE RECUPERACIÓN DE OFICIOS TRADICIONAIS

11:00 h OLERÍA DO BATÁN (CHARLA E OBRADOIRO SOBRE OLERÍA TRADICIONAL)

16:30 h IDOIA CUESTA (CHARLA SOBRE CESTERÍA TRADICIONAL CONTEMPORÁNEA, FUSIÓN CO TÉXTIL, EMPREGO DE MATERIAIS ECOLÓXICOS… E OBRADOIRO DE ESCULTURA CON TÉCNICAS ARTESANAIS (MARAÑAS)

Para participar nas actividades será necesario inscribirse previamente no correo electrónico agromaisverin@gmail.com ou nos teléfonos 988989508 – 988417232 – 640687331 ou ben, no stand da organización situado no Pavillón Municipal.

Para mercar os tíckets para o túnel do viño farase no stand co Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei ou nas súas oficinas os días anteriores á feira.

ACTIVIDADES PEDAGÓXICAS INFANTÍS (6 e 7 de abril)

Pavillón Municipal de Verín

Actividades lúdicas e educativas durante todo o horario de apertura do pavillón.

EXPOSICIÓN DE VEHÍCULOS DE OCASIÓN (6 e 7 de abril) Rúa Irmáns Moreno

Sábado, de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas
Domingo, de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas

CONCESIONARIOS PARTICIPANTES: Afiauto S.L, Martínez Multimarca, Autos Moncho (Concesionario Ford), Veiskacars, Talleres Agripino S.L e Cendón-Otero S.L.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close