fbpx

Samaín 2019 Ourense

Compárteo!

8 Novembro, 2019 Todo o día

Ourense. Varios espazos.

Ourense

  • Localidade

    Ourense

Samaín 2019 OurenseA Concellería de Cultura do Concello de Ourense reforzará este ano a programación da actividades do Samaín, incorporando como novidade a organización da Noite da Santa Compaña, que servirá de colofón as actividades do día 31 de outubro. A proposta consiste na realización de distintas procesións que xurdirán desde varios puntos da cidade, percorrerán as rúas coas luces apagadas e finalmente confluirán nunha gran festa que rematará na Praza Maior.

Desde a Concellería de Cultura convídase aos grupos que o desexen a vestirse e sumarse ás procesións, recreando libremente o que para elas representa a Santa Compaña. Proximamente anunciaranse os percorridos e a programación concreta.

Venres, 8 de novembro de 2019

De 18 a 19.30 h Animación de rúa Grupo de gaitas da AOFT e desfile de cabezudos
20,00 h Concerto BRAÑAS FOLK na Praza Maior
Sábado, 9 de novembro de 2019
De 11 a 13,30 h e de 16,30 a 20h ESPAZO GALAICO, en Bispo Cesáreo
12,00 h Animación de rúa EQUIPO B (Charanga tradicional)
13,00 h Animación de rúa BANDA DE GAITAS DA CARBALLEIRA
18,00 h Animación de rúa TÍRALLE DO AIRE
20,00 h Concerto de SUSANA SEIVANE, na Praza Maior
Domingo, 10 de novembro de 2019
De 11 a 13,30 h e de 16,30 h a 20h ESPAZO GALAICO, en Bispo Cesáreo
12,00 h. Animación de rúa BANDA DE GAITAS DA DIPUTACIÓN DE OURENSE. Saída desde a rúa do Paseo (Parque de San Lázaro)
13,00 h. Animación de rúa OS DANIÑAS
20,00 h. Concerto de LEILÍA, na Praza Maior
20,30 h. Concerto A CAPELA MADRIGALISTA na catedral
Luns, 11 de novembro de 2019
De 11 a 13,30 h e de 16,30 h a 20,00 h ESPAZO GALAICO, en  Bispo Cesáreo
12,00 h Espectáculo infantil AS VIAXES DE PAIO E AURELIO, na Praza Maior
13,00 h Animación de rúa, co grupo de gaitas da AOFT
17,00 h Magosto tradicional coa animación musical  D´OS DANIÑAS, no Parque Barbaña, con 1.000 de castañas e 3.000 chourizos, e menús a 1 euro.
18,00 h. Animación de rúa TÍRALLE DO AIRE
20,00 h. Concerto de OS DE ABAIXO, na Praza Maior

PROGRAMACIÓN SAMAÍN 2019

PROGRAMACIÓN DE TARDE
17.00 Taller de Baleirado de cabazas, con monitores e monitoras que axudaranlle á cativada a elaborar as súas cabazas, na Praza Saco e Arce. O reparto de cabazas comezá a esa mesma hora, na asociación de veciños da cidade vella ubicada na rúa Liberdade. Daranse 800 cabazas e outras tantas candeas, unha para cada neno ou nena.
17.00 Microteatro, pequena representación teatral interactiva, onde se lle dará a coñecer á rapazada a orixe do Samaín. Serán 3 pases de 15 minutos na Praza da Imprenta
17.00 Obradoiro:  “Os bosques dos petrogriflos”, na Praza da Imprenta. Zona acoutada onde de maneira libre haberá xogos de puntería, lóxica e de construcións… onde os materiais utilizados son elementos  da natureza propios da festividade do Samaín (landras, troncos, pedras, cabazas, madeira)
17.00 Obradoiro:  “Os artesáns do castro”, na Praza da Imprenta. Espazo onde nenos e nenas deseñarán os seus amuletos para pasar unha boa noite de Samaín co consello e guía dos mestres artesáns.
17.00 Obradoiro de maquillaxe e feridas na Praza Manuel Sueiro
17.00 Obradoiro de elaboración de chapas, na Praza Manuel Sueiro
19.00 Desfile de Cabazas Percorrido: praza da Imprenta, rúa Colón , Bispo Carrascosa e Praza Maior.. Rematará con baile e festa na Praza Maior con Uxía Lambona e a Banda Molona!!!
Á NOITE
22.00 a 01.00 h Animación de rúas con Aperta e Trópico de Grelos
23.30 h Desfile da Santa compaña. Saídas desde a rúa do Paseo, rúa Santo Domingo, Praza de San Cosme, Praza das Mercedes, Padre Feijoo, Praza de Saco e Arce, Praza do Correxedor e a Carballeira.
01.00 h Actuación do grupo Deabru Beltzak co espectáculo “Les Tambours de Feu”, na Praza Maior

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close