fbpx

SÁHARA OCCIDENTAL: O conflito esquecido

Compárteo!

15 Marzo, 2020 11:30

CSA Cambalhota

Camiño Socastelo, 10 Allariz

Organizado Por

CSA Cambalhota

  • Localidade

    Allariz

O vindeiro domingo 15 de marzo ás 11 e media da mañá representantes de SOGAPS e da Delegación Saharauí en Galicia impartirán unha charla aberta ao público, no CSA Cambalhota de Allariz, sobre a situación actual do Sáhara Occidental, territorio cSÁHARA OCCIDENTAL O conflito esqecidoonizado por Marrocos que representa hoxe a última colonia de África.

O pobo do Sáhara Occidental, abandonado polo Estado español trala morte do ditador Francisco Franco, vive dividido en tres territorios: o país ocupado polas forzas militares marroquís e colonos, a zona liberada tras dezaseis anos de guerra e os campamentos de refuxiados no deserto de Tinduf.

Á espera de que se cumpra o tratado de paz da ONU, co Referendo de autodeterminación pactado e demorado vergonzosamente, o pobo saharauí resiste heroicamente no deserto vai xa para 44 anos co abandono de España e a desidia inhumana da Comunidade internacional.

SOGAPS coopera co pobo Saharauí, con programas de axuda humanitaria e co activismo político, denunciando esta situación vergoñenta.

Tamén se fará unha presentación do programa “ Vacacións en paz 2020” onde se informará sobre os programas de acollida.

Agardámosvos neste interesante acto.

Este sitio web utiliza cookies. Debes aceptar o seu uso para seguir navegando por el + info

The cookie settings on this website are set to "allow cookies" to give you the best browsing experience possible. If you continue to use this website without changing your cookie settings or you click "Accept" below then you are consenting to this.

Close